jueves, 4 de mayo de 2023

XOVES 4 de MAIO do 2023

Manoel Carrete
Unha emisión máis que encetamos coa nosa sintonía e as salutacións de sempre, para escoitar un bocadiño de música e recibirmos ao primeiro convidado de hoxe, MANOEL CARRETE, avogado e historiador. Saudámolo e parabenizámolo pola exposición e mostra sobre o arcebispo Benjamín de Arriba y Castro, de quen se cumple o seu cincoenta aniversario do seu pasamento. Manoel é o comisario desta exposición que se fixo en Becerreá e que agora se atopa no Centro Galego de Tarragona. Tamén está previsto que esta mostra se expoña en diversos Concellos de Galicia e moi concretamente en Castro Caldelas e Trives no mes de agosto próximo. Está convidado a impartir unha Conferencia no Salón de Cróniques do Concello de Barcelona, o día 13 deste mes de maio, ás seis do serán. O título da Conferencia: "Don Francisco Fernández del Riego e a emigración", organizada pola Federación de Entidades Galegas de Cataluña. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe e desexámoslle moitos éxitos.

Xulio Pardo de Neyra
O seguinte convidado é don XULIO PARDO DE NEYRA, filólogo, historiador, escritor e ensaíasta galego, q ue recibimos e saudamos despois de escoitar outro bocadiño de música. Fálanos da súa ultima obra de narrativa, a novela que leva por título: "A monxa e o grumete". Ten previsto presentala en diversas datas e lugares emblemáticos de Galicia, Lugo, Coruña, Pontevedra e posiblemente en Portugal, Braga e Vila Nova de Cerveira. Tamén nos comenta que está inmerso na investigación xenealóxica da súa familia que ten moito que ver coa artesanía dos ferreiros. Desexámoslle que teña moita sorte e moitos éxitos.

Paula Carballeira
A continuación poñémonos en contacto con PAULA CARBALLEIRA CABANA, a quen saudamos cordialmente e felcitámola por ter recibido o "Premio Follas novas na categoría de Teatro". Tamén a felicitamos por ter asistido ao convite que lle realizaron dende Tenerife para participar no LEILIJ, "Salón del Libro Infantil.Juvenil y Album de Canarias". Hoxe mesmo atópase en San Joan d'Alacant, participando no "Xª Xornades d'animació a la Lectura". Mantemos unha conversa moi agradable. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos e moita sorte.

Celia Pereira Porto

Entrevistamos agora a dona CELIA PEREIRA PORTO, avogada e Presidenta da FUNDACIÓN VICENTE RISCO, en Allariz. Tamén a felicitamos polas actividades e propostas culturais que están a realizar con motivo do "60 cabo de ano do pasamento de Vicente Risco". Fálanos do primeiro acto no "Liceo de Ourense", do "RISCO-FEST", do concerto de Nanán na Taberna A Arca da Noe, dos obradoiros "Risco de cores", do Recital poético Uhuhú, nos xardins da Fundación con grandes poetas e coa participación musical dun grande pianista, do Conta contos de Risco, do saúdo a Risco no cemiterio e dos actos de conmemoración que se celebrarán no Castelo de Castro Caldelas mañá mesmo, co Concerto de Cardo Roxo. Enviámoslle as nosas felicitacións e desexámoslle unha fermosa andaina cultural e moitos éxitos.

Voltamos a informar que este noso programa reemitirase mañá venres ás 15h en RADIO FENE. Colocamos aquí o noso programa completo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario