Nova emisión deste programa "Galegos no BAIX" de cada xoves, no 89.4 da FM - Radio Sant Boi, para todos vosoutros. Escoitamos a nosa sintonía de sempre, saudamos aos nosos oíntes e seguidores e escoitamos unha peza interpretada por Javi Maneiro e chamamos a
MERCHI ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, Presidenta de
GaliciAME, en Cambados, que nos fala da
"VII Gala GALICIAME-2024" prevista para o día 30 de novembro próximo. Están á venda as entradas para poder asistir á celebración que se realizará na Adega Pazo Señoráns, en Paradela, no Concello de Meis (Pontevedra). Tamén nos indica que teñen á venda o seu número de Lotería de Nadal, que poden mercar poñéndose en contacto mediante o seu correo electrónico: asociaconagaliciame@gmail.com ou tamén ao seu teléfono de contacto: 698 982 510. É unha forma máis de colaborar desinteresadamente cunha pequena aportación para conseguir máis investigación sobre a Atrofia Muscular Espinal (AME). Desexamoslles que teñan moito éxito.
A continuación, despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto co Historiador RAFAEL GARCÍA FERREIRA, que ven de recibir o "XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais". Parabenizámolo e conversamos con el sobre ese traballo tan interesante que se titula: "Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión." O acto de entrega tivo lugar o sábado pasado no Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas, coa asistencia da Alcaldesa Sara Inés e varios compoñentes da Fundación Vicente Risco de Allariz. Desexamos que siga colleitando moitos máis éxitos.
Aproveitamos uns minutiños para comentar con RAFA-PaiAkona, responsable do proxecto "Utopian Pop", en qué consiste ese traballo musical tan interesante e cara o final escoitaremos a peza musical qeu compuxo para reivindicar a non realización do asunto "Altri" na zona do Ulla.
Recibimos a crónica do noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos. A súa sección, Quen che Preguntou? está subdividida e tres apartados que teñen por título o seguinte: 1:- Bule...Bulo (noticias nas que os oíntes teñen que averiguar cla é o "bulo" que tentou colarnos). 2.- Que pasa... que pasa Na Ribeira Sacra (noticias especificas daquela zona) e 3.- Sabedoría Popular, Pílulas (píldoras) de frases, refráns e ditos populares galegos, finalizando coa intervención dun destacado personaxe galego (actor, monologuista...) Todo elo adubiado coa música que escolleu para iniciar cada unha das intervencións. Agradecémoslle a súa estimada colaborción.
Como temos nos estudios a visita de RAFA-Pai Akona, responsable do proxecto Utopian-pop, comentamos cómo se poden poñer en contacto con el e a creción da peza que leva por título: "Quérote Viva", que escoitaremos para finalizar o programa de hoxe. Tamén conversamos co MAX PÁRRAGA DÍAZ, que nos veu a visitar. Profesor de Secundaria, que xa estivo noutra ocasión con nosoutros. Fainos un pequeno relato de cómo están as cousas do proxecto Galauda -impartición de galego nos Instituos de Cataluña-, pero moi concretamente fálanos da fermosa experiencia cun dos seus alumnos no Instituto, recén chegado de Galicia, concretamente de Carballo. Comenta cousas moi interesantes sobre o uso e emprego do noso idioma e cómo se expresa tan correctamente. Agradecémoslles as súa visita e presencia no programa de hoxe, e despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o programa enteiro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario