miércoles, 26 de junio de 2013

MARTES : 25 de XUÑO do 2013

ULTIMO PROGRAMA da TEMPADA 2012-13


Dámoslles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e propoñémoslles escoitar unha peza de música do Grupo tradicional galego "Brincadeira", dos que temos un CD moi interesante, e no que se recollen moitas pezas tradicionais galegas.
Deseguida conectamos coa Ribeira Sacra, pra falarmos con Xosé M.F.MONTES, o noso correspondente habitual, que sempre ten moitas e interesantes noticias escollidas para comentar con nosoutros. Agradecémoslle a súa aportación e emplazámolo para o vindeiro 17 de setembro, que é cando comezaremos a seguinte tempada. ¡Que teña unha boas vacacións!

Na segunda parte do programa chamamos a Galicia, novamente, para poñernos en contacto con MANUEL FERNÁNDEZ GÓMEZ, fotógrafo de profesión en "A Fonsagrada", co que mantemos unha amena conversa-entrevista falando dos moitísimos momentos e instantáneas que ten recollido ao longo da súa vida profesional. Ademais de agradecerlle a súa colaboración, tamén lle prometemos voltar a comunicarnos con el pra vindeiras ocasións.

E despedímonos ate o día 17 de SETEMBRO. Tentaremos repoñer forzas, recargar as "PILAS" e innovar e mellorar esta nosa emisión, na medida das nosas posibilidades. Neste sentido posiblemente teñamos algunha NOVIDADE importante que xa lles comunicaremos oportunamente. 
¡Que pasen unhas felices vacacións! e non deixen de sintonizar Radio SANT BOI!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario