Mudando o horario e o día de emisión, comezamos un novo programa de "GALEGOS NO BAIX", coa intención de que todos poidan disfrutar de dúas horiñas de información, boa música e boa compañía.
Propoñémoslles escoitar unha peza musical da nosa tradición galega, e conectamos con ERNESTO LAGARON, que nos pon ao corriente das actividades e grandes eventos previstos realizar no Valle Hebrón de Barcelona esta fin de semana. SAUDADE, xunto coa Fundación Galicia Universal, teñen previsto a realización das: XORNADAS EMPRESARIAIS CULTURAIS E GASTRONÓMICAS DE GALICIA EN CATALUNYA. Actos de grande alcance para tódolos interesados. Este vindeiro venres, 27 inagúranse os Actos coa presentación-inauguración na Carpa preparada para tal efecto ás 13 horas. A seguir sucederanse as diversas Conferencias, Degustacións de productos galegos de calidade, Presentación e promoción turística de Galicia... etcétera. Tamén haberá música galega, un Concerto a cargo de Lucía Pérez e verbenas para tódolos gustos. Convida a tódolos nosos oíntes e seguidores a que se acheguen a esta celebración, que promete ser unha mostra moi interesante e diferente de tódalas Festas Galegas en Barcelona. Desexámoslles moitos éxitos.
Despois de escoitar outra peza de música poñémonos en contacto cun "zoqueiro" galego de grande renome. Trátase de ALBERTO GEADA, que nos pon ao corriente das súas creacións e traballo tradicional, dos que xa quedan poucos en Galicia. Unha conversa moi amena e chea de engado. Agradecémoslle a súa participación neste noso programa.
Na segunda hora falamos co noso correspondente e amigo XOSÉ M.MONTES, que dende Monforte de Lemos, tal e como viña facendo en anteriores edicións, ponnos ao corrente das escollas informativas que nos ofrece a tódolos nosos oíntes e seguidores. Agardámolo para vindeira semana e desexámoslle todo o mellor.
Rematamos o programa con algunha que outra pequena noticia curiosa e despedímonos de todos vosotros ate o vindeiro xoves.
Agardámosvos a todos e desexamos a vosa participación e colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario