Unha nova entrega deste programiña en galego, dende Radio Sant Boi. Despois dos saúdos de rigor e ofrecémoslle escoitar unha peza de música de ANA KIRO, para homenaxear á un contemporáneo dela, Manolo Escobar. Despois de comentar algunha que outra novidade interesante poñémonos deseguida en comunicación con MASITO BEIRÓ, en Padrón, que tiñamos previsto que nos fixera unha pequena crónica, pero por mor de circuntancias coincidentes tan só podemos manter unha pequena conversa e despedímonos con outra peza de música da mentada artista Ana Kiro.
Voltamos novamente a Galicia pra falarmos con XOAN LUACES, responsable de FOLMUSICA e doutras editoriais galegas, que nos explica un chisco o que foi a presentación do Libro-Disco "Cantares Gallegos" en Santiago de Compostela. Agradecémoslle a súa atención e comprometémolo para que poidamos voltar a contar con el en vindeiras ocasións e publicacións.
Na segunda hora, despois de escoitar novamente, outra peza de música, falamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, XOSE MANUEL F:MONTES, que nos ten preparadas varias novidades e noticias interesantes.
Xa para rematar falamos con JUAN, Presidente da A.C.G.AGARIMOS, de Badalona, que nos fai partícipes da "XV FESTA da EMPANADA e do ROSCÓN", que van a realizar na súa Entidade (rúa París, 15 de Badalona) o vindeiro sábado día 26 a partir das 7:30 do serán. Tamén nos convida ao seu Magosto, que celebrarán o próximo día 9 de novembro. Despedímolo con outra peza de música e tamén nos despedimos de tódolos nosos oíntes e seguidores desexando que volvan a conectar con nosoutros outro xoves máis, que os sorprenderemos con motias cousas novas.
¡Que pasen unha semana moi feliz!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario