jueves, 5 de diciembre de 2013

XOVES 5 de decembro do 2013

Un programiña máis, en galego, para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos dándolles a ben-vida e saudando. A nosa primeira comunicación con Galicia facémola con BIEITO LOBARIÑAS, compoñente do Grupo ZURRUMALLA, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de engado. Fainos un pequeno percorrido polo traballo que veñen realizando a prol da música tradicional galega. Fálanos do CD titulado:"O que había, e...O que hai" que hai un tempo teñen publicado e anúncianos que posiblemente, a non tardar, publicarán outro con pezas da súa autoría e outras recollidas por eles mesmos.


Despois conectamos con ANTONIO DÍAZ, Segredario da A.C.G.Rosalía de Castro que nos pon ao corrente da entrega dos XXVII Premios de Poesía desta Entidade e do X Premio de Narrativa Rosa Reboredo. Perante a cea do sábado pasado nos locais sociais. Tamén nos informou da conferencia impartida polo Presidente da Fundación Rosalía de Castro en Padrón ANXO ANGUEIRA.


Na segunda hora falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, que sempre ten escollidas unha morea de cousas interesantes relacionadas coa cultura popular e co refraneiro galego, cun certo retranqueo. Tamén nos convida a participar nas diferentes Festas e celebracións que se suceden en Galicia e moi concretamente no seu entorno.

A ultima parte do programa dedicámola a falar-entrevistar á "zoqueira de Mera", en Vila de Cruces dona ELENA FERRO LAMELA. Unha artesán galega que lle ven de familia a súa dedicación, e que nos informa das moitas e interesantes cousas que saen do seu taller artesán.

A vindeira semana voltaremos a entretelos con moitas máis informacións e entrevistas interesantes. Non deixen de sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario