jueves, 20 de marzo de 2014

XOVES 20 de MARZO do 2014

Outra entrega máis deste noso programiña de radio en galego. Hoxe comezamos escoitando unha peza de música do grupo MATTO Congrio, xa que temos a honra de poder falar e manter unha conversa-entrevista cun dos seus fundadores: ANXO PINTOS, actual profesor na ETRAD de Vigo, que moi amablemente nos axuda a facer un repaso da súa traxectoria e de moitas novidades moi interesantes para nosoutros e tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a súa atención.

Agora unha serie de informacións e a proposta de ouvirmos un chisco de música gallega escollida para compracer as demandas dalgunhos dos nosos oíntes.

Na segunda hora, como cada semana, poñémonos en contacto co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, XOSÉ M.F.MONTES, que nos ofrece unha serie de interesantes novidades informativas e despídenos con varias frases galegas, sempre cheas de moita retranca.

E seguimos con máis comunicacións, relacionadas coa música. Falamos agora con MINGOS LORENZO, músico profesor e fundador de PEDRAQUETIÑA. Mantemos unha conversa-entrevista moi esclarecedora da súa formación musical e novidades que próximamente realizarán. Agradecémoslle a súa colaboración e prometémonos volver a chamalo para que nos teña ao corrente de tódalas cousas que vaian sucedéndose no seu entorno.


A vindeira semana máis e, se podemos, mellor. Voltamos a informarlles que este mesmo programa volve a reemitirse o domingo... ¡Graciñas por seguirnos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario