Neste ultimo programa, denantes da Semana Santa, temos en primeiro lugar, como convidado de honra, ao Ilmo.Sr.Alcalde de SOBER (Lugo), don Luís Fernández Guitián . A entrevista que mantemos versa sobre o propio Concello e moi en concreto sobre a XXXIV Feira do viño de AMANDI, que se celebrará a vindiera fin de semana, pero que veñen realizando unha serie de actos moi importantes dende o 15 de marzo pasado. Agradecémoslle a súa amable e desinteresada atención, aínda que non se atopaba moi ben da garganta. Foi todo un privilexio contar coa súa colaboración.
Temos tempo de dedicarlle un chisco de atención a varias informacións que nos chegan á nosa Redacción e propoñemoslles escoitar unhas pezas da nosa música galega.
Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente Xosé M.F.Montes en Monforte de Lemos, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e fainos un percorrido detido sobre algunhas das informacións que seleccionou para este apartado.
A ultima entrevista-conversa é con XOSE LUÍS LATAS VILANOVA, un Profesor e Luthier-Artesán de gaitas, que rexenta un obradoiro do seu mesmo nome en Lugo. Fálanos das súas patentes e do seu traballo relaciondo coa investigación sobre ese instrumento galego e prometémonos voltar a conectar con el en vindeiras datas.
Despedímonos escoitando unha nova peza de música galega e desexándolles unhas Moi BOAS e Felices Pascuas a tódolos nosos oíntes e seguidores. Até o dia 24, que voltaremos á mesma hora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario