Outro programiña máis en língua galega, para podermos ofrecerlles algunha entrevista interesante e novidades da nosa Galicia, na nosa língua e coa nosa música.
A primeira Entrevista-conversa é con LUIS EMILIO BATALLÁN, un cantautor e compositor de música galega, que nos informa, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, do novo traballo CD que ven de rematar de gravar, titulado HABÍA QUE CHEGAR.
Un bocadiño de música para escoitar, denantes de comenzar a segunda horiña de radio.
E deseguida conectamos novamente con Galicia para falarmos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte) don Xosé M.F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que nos pon ao corrente das súas propostas informativas e aportacións con sentencias galegas de "moita retranca".
A ultima intervención correspóndelle a dona LORENA REINALDO, compoñente do grupo de música LULAVAI. Mantemos unha conversa-entrevista interesante na que nos informa, moi brevemente, da súa formación e traxectoria, así como dos próximos proxectos. Agradecémoslle-lo e prometémonos voltar a conectar con elas.
A vindoira semana máis. Agardamos que sigan sintonizándonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario