Comezamos o programa conectando con ABEL HORTA, que se encarga das novidades deportivas galegas e ponnos ao corrente da situación dos equipos de Primeira e Segunda división. Tamén nos apunta algo sobre balonmano, xa que o Teucro de Pontevedra é noticia por ter subido de categoría.
Entrevistamos a FRANCISCO NARLA, comandante de aviación e escritor, con quen comentamos a súa traxectoria escritora, pero centrámonos na súa novela CAJA NEGRA, xa que está a ter unha demanda e repercusión importante por mor da coincidencia co accidente de aviación sucedido nos Alpes franceses. Agradecémoslle a súa amable atención e propoñémonos voltar a falar con el, en vindeiras datas.
Na segunda hora non podemos conectar co noso correspondente Xosé Manuel F.Montes, pero sí conversamos con BEATRIZ VILA FREIRE, Responsable da Asociación de Empresarios Hostaleiros e Turismo na Ribeira Sacra. Coméntanos varias das actuacións e novidades que están a acontecer en Monforte e arredores.
A ultima entrevista-conversa é con don MANUEL MANDIANES CASTRO, Antropólogo, Etnógrafo, doutor en Ciencias Sociais e Teoloxía e Escritor, que ven de publicar -na Editorial Sotelo Blanco- VIAXE SEN RETORNO, do que falamos con el. A verdade é que a conversa fáisenos cativa, xa que hai argumento para rato. Confírmanos que o día 22 deste mes presentarase no Centro Galego de Barcelona e o día 23 no Centro de Tarragona. Desexámollle motos éxitos e combinamos voltar a falarnos.
A vindeira semana ofrecerémoslles outra emisión chea de interese. Sintonícennos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario