Comezamos o programa conectando con Galicia, concretamente coa ADEGA CACHIN, para falarmos co seu propietario don CESAR ENRIQUEZ DOMINGUEZ, que nos fai unha pequena semblanza da súa traxectoria como adegueiro e dos seus éxitos acadados coa elaboración do viño da RIBEIRA SACRA : Peza do Rei. Tiña unha calificación de máis de 90 puntos concedida polo "gurú" do viño Robert Palmer, e ven de asistir á Festa da Hispanidade en Estados Unidos, onde se degustou o seu viño. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a falar con el próximamente.
A segunda comunicación é con don MANOLO BARCIAA, da ASOBECAT, Bercianos de Catalunya que teñen previsto celebrar a "Castañada 2015" o vindeiro día 31 ás 14 horas, na súa sede en Polinyà: Rincón de Galicia. Un xantar moi especial, para degustar.
Na segunda hora conectamos con XOSE MANUEL F. MONTES, o noso correspondente en Monforte de Lemos, como cada semana, que nos fai un percorrido polas "súas noticias" escollidas para todos nosoutros. Agradecémoslle a súa aportación que recolle no seu "face" moi axeitadamente.
Tamén conversamos con XABIER DÍAZ, ese grande mestre cantautor e músico, anteriormente pertencente a Berroguetto, e que ven de publicar o seu ultimo CD que leva por título: The Tambourine Man. Doce temas que interpreta maxistralmente acompañado das Adufeiras do Salitre e doutros moitos colaboradores (que el chama amigos), como Kepa Junquera, Xosé Manuel Budiño... etcétera. Unha conversa moi interesante e esclarecedora do seu traballo e próximas actuacións.
Despedímonos ate a próxima semana escoitando unha das pezas coas que nos agasallou XABIER.
No hay comentarios:
Publicar un comentario