Un programiña máis, en galego, con música nosa, noticias e entrevistas interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos escoitando unha peza de Milladoiro e falamos con OSCAR de SOUTO, un "colega" das ondas radiofónicas, que ten un programa en "RADIO RONCUDO", que leva por título "Ó noso xeito", e que nos da cumprida información das novidades que teñen previstas para esta fin de semana, na zona de Bergantiños. Desexámolles moitos éxitos.
A segunda comunicación, despois de escoitar outra peciña musical, é con don XOSÉ GARCÍA ALVAREZ, Presidente da Asociación de Pesca Rio NAVIA, que nos fala da Festa da Troita, que teñen previsto realizar o vindeiro día 25 deste mes de marzo.
Agora falamos co noso correspondente na Capital da Ribeira Sacra - Monforte, don XOSÉ MANUEL F.MONTES, que na súa sección QUEN CHE PREGUNTOU?, sempre ten preparadas novidades e noticias interesantes da nosa Comunidade. Tamén nos fai unha pequena descrición-convite para os que visiten Galicia nestas festas de Semana Santa. Unha abondosa oferta festivo-gastronómica interesante.
A ultima conversa-entrevista é con don XESÚS VIZCAIA, o dono do PAZO DO MEL, en Viana do Bolo (Ourense) que nos fala das súas investigacións e novidades interesantes, como é a oferta dun novo producto. A Cervexa con Mel, ademais doutras interesantes informacións.
A semana que ven non teremos emisión, pero agardámosvos para o día 31.
¡¡¡Non faltedes, e Felices Pascuas de Semana Santa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario