jueves, 27 de abril de 2017

XOVES 27 de ABRIL do 2017

Unha semaniña máis con todos vosoutros para facer posible estas dúas horiñas de radio en galego. Comezamos entrevistando a José Luís Deiros Alonso, Cociñeiro do Restaurante que está na Condomiña: "Restaurante A FONTE da Salú", con quen mantemos unha conversa moi interesante relacionada con ese punto de encontro na Autovía galega e que semella un lugar imprescindible visitar para coñecer e disfrutar das boas viandas que alí se sirven. Productos de auténtica calidade galega.


A segunda conversa-entrevista é con FRAN BOUSO, coordinador encargado das IV Xornadas de "MONDOÑEDO É POESÍA", que se celebrarán o día 1 de maio vindeiro. Un recital Poético-Musical que é merecente de dar a coñecer así como asistir ás "Quendas de Mondoñedo" que se celebran esta fin de semana. Desexámoslles moitos éxitos.

Encetamos a segunda hora conectando co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Sempre nos agasalla cunha serie de noticias e acontecementos interesantes, facéndonos partícipe dos seus "Me Gusta" e "Non me Gusta" moi ben elixidos, así como a súa aportación creativa en forma de viñeta, que aquí lles incluímos. Termina convidándonos a asistir a algunhas das celebracións festivas que se realizan esta fin de semana na nosa Galicia.


A ultima Entrevista é con don RAFAEL QUINTÍA, autor do CD "A Pedra do Fundamento", Licenciado en Antropoloxía e tamén en Ciencias Económicas e Empresariais. A conversa xira arredor das súas investigacións e das moitas actividades culturais que realiza e nas que está moi implicado. Concertámonos para voltar a convidalo a participar connosco noutra ocasión e seguir aprendendo do moito que nos ensina.


A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario