jueves, 1 de febrero de 2018

XOVES 1 de FEBREIRO do 2018

Comezamos unha nova emisión de dúas horas de radio en galego. A primeira intervención é con don Gabriel, compoñente do Grupo BRIGAN FOLK, que veñen a presentar o seu ultimo traballo titulado "Rua San Giacomo", un disco confeccionado con música fusionada do sur de Italia (Nápoles) e Galicia. Presentarase primeiramente na Ronda Barcelona, na c/ Consell de Cent 382. Agradecémoslle a súa participación no noso programa.


A segunda conversa.entrevista é coa nosa amiga MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, que nos pon ao corrente das diferentes novidades relacionadas coa AME e coas súas inquedanzas. Para nosoutros é un verdadeiro pracer contar coa súa colaboración desinteresada.

En terceiro lugar poñémonos en contacto con don JOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Ilmo.Alcalde do Concello de Navia de Suarna, que nos fala de diferentes aspectos desta vila luguesa. Entre outras cousas fálanos da próxima Festa da Androlla, que este ano chega á súa XXVIII edición. 



Na segunda hora continuamos a nosa emisión coa intervención do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUE CHE PREGUNTOU?, e que sempre ten preparadas moitas e interesantes noticias que el mesmo nos debulla cos seus ME Ghustan e Non Me Ghustan, acabando a conversa cun refrán. Tamén nos agasalla coa súa creación en forma de viñeta alusiva ao programa de hoxe.

Despois conectamos con OSCAR DE SOUTO, escritor e poeta do batallón poético da Costa da morte. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.


E despedímonos ate a vindeira semana. Non deixedes de conectarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario