jueves, 6 de junio de 2019

XOVES 06 de XUÑO do 2019

Comezamos o programa dándolles a ben.vinda e ofrecéndolles escoitar un bocadiño de música para poñerños en contacto coa nosa primeira convidada: Mar Lopez Sotelo, Antropóloga e educadora social, pero que ten unha dedicación especial pola Ribeira Sacra. Fainos partícipe da súa paixón e cariño pola Ribeira Sacra. Ten unha páxina no Facebook  redribeirasacra e outra no Twitter  marsoteloenred ademais dun fermoso e interesantísimo  BLOG persoal: redribeirasacra.blogspot.com.es con moitísima información para todos aqueles que desexen coñecer un pouquiño máis, polo miúdo, esta zona galega tan fermosa. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a conectar con ela. 


Despois de escoitar un bocadiño da súa propia música conectamos con Madalena Gamalho Farinha, compoñente do Grupo Os Meninos, que nos informa, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, dese traballo musical que están a facer. Felicitámola e coméntanos un chisquiño a súa traxectoria, algunhas actuacións e próximos concertos que teñen previsto realizar, o máis inmediato na localidade portuguesa de Monçao. Desexámoslle moitos éxitos, e voltaremos a falar con ela no vindeiro mes de setembro, cando celebren o Festival: "CanteiraFEST" de Vilaboa. Grazas Madalena!


A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que fainos a súa crónica cos "Me Ghustan e Non Me Ghusta" tan axeitados, para infomrarnos dalgunhas noticias en Galicia. Envíanos a súa colaboración artística en forma de viñeta, que compartimos con todos vosoutros e relacionada con algunha das cousas que nos comenta na súa intervención. Moi axietada, claro. Tamén nos fai algunhas recomendacións para visitar e disfrutar nesta fin de semana. Como se atopa na "Semana Verde de Silleda" fálanos da grandiosidade deste evento e indícanos que é unha boa ocasión para degustar o "Galo de Curral" que celebran en Vila de Cruces...


E para finalizar as nosas conversas temos a honra de entrevistar ao Concelleiro de Cultura de CEDEIRA, Quique Vázquez, que moi amablemente nos informa do "III Festival Galego-Portugués" que se celebra nesa localidade mariñeira chea de engado perante cáseque dúas semanas, xa que comezaron o día primeiro de XUÑO e rematarán a vindeiro día 9 coa actuación do grupo Cando D´Aquí (Braga) e da banda Vila de Cedeira no auditorio municipal, a partir das 19.30 horas. Enviámoslle os nosos parabens por esa laboura tan interesante e desexámoslles moitos éxitos de participación e de afluenza de público. 




E así decorreron estas dúas horiñas de radio en galego. A vindeira semana, o vindiero xoves. á mesma hora voltaremos. ¡Que pasen unha feliz semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario