Outra semaniña con vosoutros. para ofrecervos dúas horiñas de radio en galego. Comezamos conectando con Galicia para falar con ESTHER DÍAZ LÓPEZ, unha poeta de Cervantes-Lugo, que nos fala da súa traxectoria creativa e da colaboración tan interesante que está a desenvolver na Radio Galega. Unha sección na que participa semanalmente co grande Comunicador Marcial Mouzo : Pensando en Ti. Agradecémoslle a súa participación de hoxe.
A segunda comunicación é co Grande "Chef" Cociñeiro do Hostal-Restaurante La Viuda ANXO TRIVES. Fainos saber algo máis dese lugar emblemático na vila da Pobra de Trives, que el dirixe con mestría e bon saber. Os pratos e degustacións que se sirven son de grande aceptación e con productos de primeira calidade, da zona e como el mesmo di: "tradicionais, de pobo e familiares". Paga a pena facerlles unha visita para disfrutar percorrendo a zona, que é fermosa, e aproveitar para degustar os seus manxares.
Continuamos na segunda hora conectando novamente con Galicia para falar co noso amigo e xerente da Empresa Familia CAURELOR, David. Fainos un pequeno percorrido polos productos que ofrecen na súa páxina Web caurelor.com. Poden mercarse vía Internet e tamén chamando ao seu teléfono que se atopa nas redes sociais. Agasallos doces e outros productos, nada menos que 20 etiquetados. Desexámoslle que teñan unha tempada de Nadal moi proveitosa.
Aproveitamos estes minutiños para informarlles dalgunhas das Actividades que ten previstas a nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, para estes meses de novembro e decembro.
A crónica da nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, ten moito que ver co rico patrimonio daquela zona, dos achádegos arqueolóxicos que acaban de ser catalogados e dalgunhas curiosidades moi interesantes (un bar chamado Os Chafarotes), e recoméndanos o Hotel-Restaurante-Pulpería "A Escola" de Navia de Suarna, que era precisamente a Antiga Escola da cidade, moi ben restaurada e dirixida por Guillermo e a súa dona, con moito acerto.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Sexan felices!
No hay comentarios:
Publicar un comentario