jueves, 5 de diciembre de 2019

XOVES 05 de DECEMBRO do 2019

Outro programiña máis con todos vosoutros. Despois das salutacións de rigor ofrecémoslle escoitar un bocadiño de música de "Uxía Lambona e a Banda Molona", con que teremos a honra de compartir os próximos minutos de conversa-entrevista. Dámoslle as grazas a Uxía Lambona e felicitámola pola presentación do seu terceiro CD, que vai acompañado de un DVD, titulado: "Astronauta Sideral". Fálanos da súa traxectoria, dos concertos previstos, de cómo grabaron este traballo... etcétera... Agradecémoslle a súa amable atención.


A segunda conversa-entrevista é con dona Elena Ferro, unha grande artesana Zoqueira, que acaba de recibir o Premio NACIONAL de Artesanía, xunto con PAULA OJEA, outra artesana ceramista que nos enorgullece aos galegos por seren dúas mulleres representantes da nosa Arte Galega. Felicitámola e mantemos unha pequena entrevista, que nos concede, falándonos da súa traxectoria, do seu Taller e das propostas tan interesantes que ofrecen a tódolos que desexen poñerse en contacto con eles. A súa páxina Web: http://elenaferro.com/es/, para saber algo máis e mercar algún dos seus productos. ¡Moitas Grazas, Elena, e que sigades colleitando moitos éxitos!!!


Continuamos na segunda hora conectando novamente con Galicia para que o noso "presentador" de "GALICIAME", Armando Fernández López, para que nos fale dese grande acontecemento que mañá mesmo celebrarán no Salón Principal da Adega CONDES DE ALBAREI, coa participación dunha morea de artistas que seguro farán as delicias de tódolos asistentes e colaboradores deste grande evento.


Finalmente conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Luguese, para falar con Fernanda Follana Neira, que nos fai a súa crónica semanal  e volve a reconducir o tema da "Galicia despoboada" cunha pequena anotación moi interesante.
Despedímonos ate o vindiero xoves á mesma hora. 
¡Que teñan unha feliz semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario