Comezamos outro programa máis dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha peciña musical para despois conectar con Galicia e falarmos con dona ROSARIO ALVAREZ BLANCO, Presidenta do Consello da Cultura Galega. Felicitámola por ter recibido, recentemente, o Premio Cidade de Pontevedra no apartado de Persoa Física, e conversamos con ela para que nos dea un chisco de información sobre a Exposición na Galería do Paraninfo da Universidade de Barcelona: "Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936). Acudirá a Barcelona o día 11 a UAB onde se impartirá unha Conferencia a cargo de dona Rosario Mascato baixo o título: "Galeguidade e Traducción no Valle Inclán". Agradecémoslle a súa amable atención.
A segunda conversa é con Guadi Galego, que acaba de publicar o seu ultimo traballo: IMMERSIÓN. Tamén aproveitamos para felicitala por ter acadado o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado no 2020. Tamén está proposta para poder acadar o Premio MIN de Música Independente. Coméntanos a xira que está a realizar presentando este libro-CD, en Galicia, que virá a Barcelona -concretamente á Sala Luz de Gas- despois a Madrid, ao País Vasco... Desexámoslle moitos éxitos.
Continuamos con outro bocadiño de música e conectamos agora con ROBERTO REGAL, da Adega ENONATURE, na Ribeira Sacra. Cóntanos a súa experiencia na Exposición que tivo lugar en Barcelona ate o día 5 de febreiro. Está moi satisfeito deste grande evento e fálanos dos seus proxectos, dos seus traballos... Sempre aprendemos algo con este Adegueiro e Enólgo galego.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente na capital de Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada unha crónica con noticias escollidas e recomendacións moi axeitadas, tanto gastronómicas como festeiras e finaliza a súa intervención coas frases e ditos galegos que el mesmo anota na "súa libretiña pequena". Fermosa a súa aportación gráfica. ¡Moitas grazas!
A nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, tamén nos agasalla coa súa crónica de novidades e "cousas interesantes" dende Becerreá. E así trancorreu o noso programa de hoxe.
Voltaremos o vindeiro xoves. ¡Que teñades unha feliz semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario