Armando, Couxil, Kike. Xosé Manuel, Fernanda. |
Seguindo coa mesma intención de ofrecervos un programa que tivera algo de interese para tódolos nosos oíntes e seguidores, voltamos a "enlatar" este programiña que vos ofrecemos, con toda a humildade, para que teñades a oportunidade de criticarnos e propoñernos algunha alternativa a este "Confinamento obrigado" que estamos a soportar. Todo sexa pola saúde!!!
Fixemos unha Video-Conferencia os integrantes desa foto, tentando darlle contido ás nosas intervencións e contamos coa grande colaboración dos nosos grandes amigos e correspondentes de cada semana: Fernanda Follana Neira e Xosé Manuel F. Montes, ademais implicamos ao noso benquerido amigo Henrique Fernández-Mon Sánchez, que moi amablemente nos atendeu.
Comezamos, como sempre, dándolles a benvida e ofrecéndolles escoitar unha peciña de música galega, para irmos entrando en "faena".
A primeira intervención é a de Kike, Henrique Fernández-Mon Sánchez, que nos ofrece unha disertación moi axeitada sobre a figura de don Ricardo Carballo Calero, personaxe ilustre a quen se debería adicar este ano 2020 as Letras Galegas, pero que nesta ocasión está previsto que a Real Academia Galega o relegue alomenos ata o mes de Outubro. Xa veremos en qué queda a cousa.
Despois conectamos co noso correspondente Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e el mesmo explícanos cómo vai a ir debullando esa súa aportación semanal. Agradecémoslle a súa dedicación e colaboración. Tamén lle temos que agradecer a "viñeta" coa que nos ilustra e agasalla, facendo referencia a algún dos temas tratados no programa. Hoxe concretamente moi axeitada pois é unha fermosa caricatura de Carballo Calero. Esto fai que o noso blog se enriqueza coa súa ilustración creativa. ¡Moitas grazas, Xosé Manuel!
Tamén conectamos coa nosa correspondente nos ANCARES Lugueses, para falar con Fernanda Follana Neira, que nos fai a súa crónica semanal, confinada, claro. Moi interesante o agasallo que nos fixo dando lectura a un poema de Andrea Valle. Tamén nos falou de Ainhoa Fernández Castro, e dun video, cunha páxina de Internet moi importante, e que aproveitamos para que recomendar: https://www.facebook.com/184948958216218/posts/3171122462932171/?vh=e. E despedímonos ate a vindeira semana ofrecéndolles outra peciña de música galega.
O vindeiro xoves voltaremos ofrecerlles outro programiña máis. Se desexan que abordemos un tema en especial, non teñen máis que comunicárnolo. Que teñan unha feliz semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario