Ultimo programa desta tempada 2019-2020, que comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha peza de música titulada "Ardendo" precisamente do CD dese mesmo nome, que pertence ao cantautor MARTIN MAEZ, con quen imos a falar nesta pequena conversa-entrevista que nos concedeu, e na que nos comenta parte da súa traxectoria musical e os proxectos para as vindeiras datas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.
A seguinte intervención é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparada a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? con informacións escollidas e moi interesantes para todos nós. Foi un pracer contar coa súa colaboración e disfrutar coas súas creacións artísticas, que nos enchen de orgullo e aumentan o prestixio desta nosa humilde emisión radiofónica. Enviámoslle os nosos mellores desexos para estas vacacións.
E para finalizar conectamos novamente con Galicia para falarmos con Xosé Lois Romero, que nos fala do seu ultimo CD "LATEXO", publicado co título "Xose Lois Romero & Aliboria". Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos nos próximos concertos e presentacións vindeiras, que seguro poderán ofrecer neste verán.
Despedímonos de todos vosoutros ate a vindeira tempada, que comezaremos posiblemente o vindeiro mes de Setembro ou Outubro, dependendo de cómo se vaian sucedendo os acontecementos. Cúidense moito.
¡Que teñan unhas felices vacacións! e
¡Que volvamos a escoitarnos!
¡Non deixen de sintonizarnos!
¡Sexan Felices!
No hay comentarios:
Publicar un comentario