Comezamos outro programa máis de "Galegos no BAIX" dándolles a ben-vinda a todos os nosos oíntes e seguidores. Escoitamos a nova sintonía do programa e un bocadiño de música para conectar con Galicia e falamos con VICTOR FÁBREGAS, actor de grande prestixio que formou parte de "Os Tonechos". Ten participado en moitímas ocasións na TVG, en series, no Luar, no "Land Rober"... Agradecémoslle a súa estimada conversa e "mini-entrevista" no noso programa de hoxe. Coa súa colaboración acadamos e conseguimos o "Reto" que nos puxo o noso correspondente Xosé Manuel. Despedímolo con música das TANXUGUEIRAS.
A segunda intervención-entrevista é con ELENA FERRO LAMELA, esa grande artesana do coiro e da madeira, que puxo en valor e cun alto grau de calidade, os zocos, e esa fermosísimo traballo ancestral que ennoblece ese calzado que foi e segue a ser un calzado excepcional. Agradecémoslle a colaboración e os agasallos que nos enviará para celebrar o "40 Aniversario da nosa Radio Sant Boi" e os 40 anos da Asociación Rosalía de Castro de Cornellà. Aproveitaremos para compartilos cos nosos oíntes e seguidores. Xa saben tódolos nosos oíntes e seguidores que teñen que poñerse en contacto connosco mediante o whatsApp (689 090 171), o noso correo electrónico galegosnobaix@gmail.com, o facebook, ou o noso blog. Despedimos a Elena escoitando outro bocadiño de música, do ultimo traballo das TANXUGUEIRAS.
Continuamos, na segunda hora conectando con Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que comeza a súa intervención comentando que cumplimos co reto proposto na semana anterior, e comenta o seguinte RETO para a vindeira semana. A seguir comeza a súa crónica de informacións cos seus "Me Ghustan" e "Non Me Ghustan", de moito interese, e despois -no apartado de caralladas- engade o seu humor mesturado (con retranca). Tamén nos envía a súa creación "viñetista" que fai referencia a unha parte do noso programa de hoxe, por certo moi axeitada e moi ben acaída polo tema tratado. ¡Moitas grazas, Xosé Manuel!
Seguimos escoitando outro bocado de música do CD das TANXUGUEIRAS e conectamos novamente con Galicia para falar con Rodrigo Barreiro das ADEGAS Daniel Fernández, da D.O.Monterrei, que veñen de agasallarnos con dúas caixiñas de viño Godello e Mencía, da súa marca "Galván" (Godello e Mencía), para celebrar o "40 Aniversario da Radio"... ¡Moitas Grazas, RODRIGO! Falamos con el e cóntanos cousas interesantísimas relacionadas coa Adega e co "Grupo EL RELOJ", ao que pertencen. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos seguir en contacto con Rodrigo para que nos siga informando dos seus éxitos e do traballo que están a realizar nese grande Grupo Reloj, que enorgullece aos galegos en Cataluña. Tódolos interesados poden poñerse na súa páxina web para mercar calquera dos seus producots das Adegas e dos Restaurantes.
Escoitamos outro bocadiño de música. Mandamos o noso mais grande e cariñoso agradecemento a Digna da "Panadería DISU" que nos acaba de enviar varios productos para compartir cos nosos oíntes e seguidores. Tamén lles dámo-las grazas aos nosos oíntes e seguidores, en especial a Máximo e Mercedes, que nos escoitan dende Suiza. Tamén a Carlos Alonso Calderón dende Hospitalet... Comentamos que xa finalizou a recepción de poemas participantes no "XXXIV Certame de Poesía Rosalía de Castro" de Cornellà, que se fallará o Premio o día 27 de novembro próximo. E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que sexan felices!
No hay comentarios:
Publicar un comentario