jueves, 19 de noviembre de 2020

XOVES 19 de NOVEMBRO DE 2020

Outro programa máis con todos vostedes, queridos oíntes e seguidores. Comezamos conectando con Galicia para recibir ao noso primeiro convidado: don XOSÉ LOIS, da Empresa DAVEIGA - Galletas Mariñeiras. Agradecémoslle a súa atención e mantemos unha conversa-entrevista. Fálanos un pouco da cómo van desenvolvendo a súa faceta empresarial, dalgunhas intervencións altruístas con motivo desta pandemia que estamos a padecer, como a súa aportación á Cruz Vermella de Lugo, e a entrega da producción dun día enteiro para os máis desfavorecidos con motivo do COVI-19. Felicitámolo e tamén lle agradecemos o envío dos seus produtos, que nos fixo á Radio e aos oíntes e seguidores para commemorar os 40 ans de Radio Sant Boi e o 40 aniversario da nosa A.C.G.Rosalía de Castro. En vindeiras datas voltaremos a conectar con el para que nos siga informando de novidades.

A segunda intervención é con OVIDIO, do Mesón Catro Ventos de A Fonsagrada (Lugo). Dámoslle a ben-vida e felicitámolo polo seu bon facer cociñeiro. A súa especialidade son as parrilladas de carne con leña de carballo. Coméntanos cómo están a paliar estes momentos de dificultade aos que nos vemos obligados todos, pero moi en particular os Restaurantes e a Hostelaría, en xeral. Para celebrar os 40 anos de Radio Sant Boi e o 40 Aniversario da A.C.G.Rosalía de Castro, convídanos a unha cea calquera día que nos acheguemos por aquelas contornas. Dámoslle as grazas e despedímonos ate outro momento.

Abrimos a segunda hora conectando co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? a súa intervención está divida en varios apartados: Os seus Me Ghustan e os Non Me Ghustan, cos que nos informa de noticias escollidas dándolle a calificación que lle corresponde. Despois aparecen a súas "caralladas", que son punzadas de humor, cheo de retranca. Hoxe son traduccións especiales. E tamén nos envía a súa aportación ilustrativa en forma de viñeta, relacionada con algunha das intervencións no programa de hoxe, e que nos compartimos con todos os nosos oíntes e seguidores.


E a última entrevista-conversa é con XABIER DÍAZ, grande músico e profesor a quen lle temos unha grande estima e admiración. A conversa xira arredor do seu último traballo "As catedrais silenciadas" e dos poucos concertos que este ano celebraron. Tamén nos comenta o traballo que se pode contemplar en youtube, na súa páxina, dando clases de pandeireta. Como profesor tamén encetará unhas "master clases" de pandeireta, con motivo das Músicas do Camiño, cuxa matrícula rematouse aos poucos minutos de poñerse en marcha. Agradecémoslle o envío que nos fixo dalgúns dos seus CDs, para celebrar os 40 anos da Radio e o 40 Aniversario da A.C.G.Rosalía de Castro. E depedímonos de Xabier desexándolle moitos éxitos e contando que poderemos voltar a comunicarnos con el máis adiante. ¡Grazas, Xabier!

A así, deste xeito, rematamos o programa de hoxe despedíndonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario