jueves, 5 de mayo de 2022

XOVES 5 de MAIO do 2022

Unha nova emisión do noso programa para ofrecerlles dúas horas de Radio en Galego. Escoitamos a nosa sintonía, dámoslle a ben-vinda e saudamos ao noso primeiro convidado: LUIS LECRERE RODRÍGUEZ, da Asociación Cultural Colectivo A Rula en Santiago de Compostela. A súa conversa é unha pequena lección de achádegos e petróglifos na Galicia. Sabemos algo máis do que esa Asociación Colectivo A Rula, nos pode ofrecer e desexámoslle que sigan acadando moitos éxitos.

A segunda conversa é con dona BERTA PICHEL BLANCO, Licenciada en Filosofía e Letras na especialidade de Historia e escritora. Naceu na Portela de Valcarce, no Bierzo e actualmente reside en Hospitalet. Fálanos da súa primeira novela que leva por título: "Cicatrices de Charol". Tamén nos da cumprida información doutro seu libro: "Poemario del Deambular", e aproveitamos para que nos declame unha das súas creacións poéticas. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a conectar con ela en vindeiras datas.

Continuamos na segunda hora conectando con Galicia para recibir ao grande Mestre, Investigador, Profesor, Pandereteiro, Cantautor e grande amigo XABIER DÍAZ, que ven de publicar un recente e novo CD :"Levantarse e Caer". Aproveitamos para felicitalo e infórmanos das próximas actuacións e concertos previstos para este ano 2022, no que realizará unha xira por Galicia e a península ademais de trasladarse a América xunto coas Adufeiras. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.


Recibimos a SAMUEL SOTO, que nos dá a coñecer un seu videoclip no que fai unha "Minibiografía de Florencio Delgado Gurriarán", personaxe a quen se lle adican as Letras Galegas-2022. Agradecémoslle a súa aportación tan interesante e desexamos que teña moitos éxitos.

E finalizamos o programa de hoxe despedínnos de tódolos nosos oíntes e seguidores escoitando unha peza máis do CD "Rosalía en Cornellà", que ven de pubicar precisamente a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro. Que teñan unha feliz semana.

 

Deixamos aquí o programa completo.

2 comentarios:

  1. Bos días dende Gava
    Non coñecia este blog nin a emisora, e como galega è un pracer coñecelo grazas ao Sr Xulio Cougil.
    Promover a cultura da nosa terra, a súa lingua, etc... é un pracer para os galegos , que tanto sabemos de morriña.

    Parabéns polo traballo

    Fina Tizòn

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas, FINA... cando che apeteza podemos conversar contigo na nosa Radio, do teu traballo poético... e doutras cousas

    ResponderEliminar