Comezamos unha nova emisión do noso programiña "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía e saudando aos oíntes e seguidores. Escoitamos un poquiño a Xabier Díaz e poñémonos en contacto con TOÑO LORENZO GAY, CHEF Executivo do Restaurante A Faragulla, na Praza da Paz de Chantada. Unha conversa moi ilustrativa e informativa sobre o que ofrecen ese equipazo que dirixe. Fálanos dos menús exquisitos que elaboran, da Carta, dos Menús degustación, dos Bonos de degustación, do catering personalizado que se pode encargar para ir a recoller ou que o levan á casa do cliente, dos postres caseiros... ... Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos.
O seguinte convidado é ISMAEL RAMOS, Profesor, escritor e Poeta, a quen lle acaban de outorgar o Premio Nacional de Poesía Xoven "Miguel Hernández 2022", polo seu libro "Lixeiro". Parabenizámolo e conversamos con el para coñecer un bocadiño máis da súa traxectoria creativa. Fálanos das súas publicacións, dunha recente tradución ao portugués dun seu libro "Lume", que foi publicado pola editora portuguesa do lado esquerdo, traducido por Daniel Ferreira "Fogos", e que próximamente será presentado en Cataluña coa súa correspondente tradución "Foc". Comentamos que sería moi axeitado poder disfrutar da súa presencia no día de Sant Jordi do ano que ven. Desexamos que siga disfrutando dese Premio e desexámoslle o mellor.
Conectamos con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Capital de Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, que ten preparada a súa sección Quen che Preguntou? a modo de Ghústanme e Desghústanme coas noticias escollidas. Tamén nos propón o reto de entrevistar a algún personaxe interesante e relevante galego. Primeiro apunta poder falar co grande viñetista Xosé Lois, autor do "Carrabouxo". E despois comenta que sería unha "fita" importante para o noso programa de Radio, poder entrevistar á Sra. de Palmirez, un personaxe moi singular, que intervén no programa LUAR da Televisión Galega os venres. Precisamente aproveita este comentario para enviarnos a viñeta alusiva a esta señora. E para finalizar danos a súas "sentencias" recollidas na libretiña pequena.
Continuamos a emisión e falamos con FRANCISCO LOPEZ "Chesqui", que é o Secretario do Partido Galeguista. Chegounos esta información : Cadernos de viaxe. Castelao, primeiro Presidente de Galicia. Por Xoan Antón Pérez-Lema, e ¿quen mellor que Francisco para que nos fale dese acontecemento que cumpliu 78 anos precisamente o 15 de novembro pasado? Escoitamos a súa aportación tan amena e agradecémoslle a súa participación tan interesante.
Despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora.
Aquí deixamos o Programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario