jueves, 19 de enero de 2023

XOVES 19 de XANEIRO do 2023

Unha nova emisión deste noso programiña, con dúas horas de entrevistas, música e comunicacións en galego. Escoitamos un bocado de música e poñémonos en contacto co primeiro convidado XOAN CURIEL, Actor, cantautor e músico galego que recibimos ecoitando precisamente unha das súas ultimas pezas publicadas: "Faro do Norte". Conversamos con el sobre o seu traballo, os Concertos, a música, as súas creacións e os próximos proxectos que ten pendentes de publicar. Agradecémoslle a súa participación e colaboración de hoxe no noso programa e desexámoslle moita sorte. Despedímolo escoitando unha peza súa titulada: "Pero da Ponte". 

O segundo convidado é ANTONIO LUZ, más coñecido por "TITO", outro grande músico galego, compositor e profesor de guitarra. Escoitamos unha primeira peza súa, "Do Rural". Como el mesmo nos relata, ten unha grande formación musical e toca varios instrumentos, ademais da Gaita, pero a súa grande paixón é a guitarra e a interpretación flamenca; precisamente comentamos con el a súa especial dedicación por as interpretacións, en galego, dalgunha peza con ritmo flamenco. Unha honra e un placer poder escoitar a súa intervención e despedímolo escoitando outra peza súa que leva por título: "Non me toques o XE". Tamén nos informa da recente publicación de dous videoclips que foron seleccionados para os Premios Mestre Mateo: "Sombras e Soidade". Desexámoslle moitos éxitos.

A continuación conectamos con Conchiña Castro Álvarez, gaiteira da "Escola de Gaitas e Danzas TOXOS e XESTAS" que nos comenta a recente publicación dun CD que publicaron a finais do ano pasado. Teñen previsto unha celebración de presentación especial para dalo a coñecer e comprometémonos falar co seu Presidente Álvaro Voces, para que poidamos ofrecerlle aos nosos oíntes e seguidores a máxima información precisa desa Entidade Galega. Algunha xa no-la adiantou "Conchiña", nestes minutos que nos concedeu nesta cativa entrevista, que lle agradecemos e continuaremos ampliándoa en próximas datas.

Finalizamos o programa falando con ROSALÍA MORLÁN, escritora e poeta galega nada en Vilariño-Trazo, pero que dende moi cativa reside en Santiago de Compostela, onde exerce como supervisora de Enfermería no Hospital de Conxo, no turno de tarde-noite. A súa creación literaria e poética é abondosa. Máis de media ducia de títulos, libros e poemarios publicados; o último: "Camelias de Amor". A súa dedicación profesional faille dedicarse con moito agarimo aos propios enfermos, en particular aos nenos e maiores, aos que lles lé e recita poemas. Algúns creados e dedicados a eles mesmos. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro xoves, á mesma hora. ¡Que sexan felices!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario