Comezamos outra emisión do noso programa coa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e escoitamos unha peza de música do escritor e músico
FRANCISCO CASTRO, a quen chamamos para que nos poña ao corrente da súa nova andaina, despois de deixar a súa responsabilidade na Editorial Galaxia. Agradecémoslle a súa amable atención e felicitámolo por ese primeiro CD que acaba de publicar. Cóntanos algunhas cousas interesantes relacionadas co seu quefacer diário e das propostas e proxectos que ten previstos. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.
A seguinte intervención é con
JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT, que nos presenta ao
Ilmo.Sr.Alcalde de Corullón, don
LUIS ALBERTO ARIAS, Concello elexido para homenaxear este ano no
"XX Festival del Botillo 2024, en Cataluña". Comentamos algunhas cousas interesantes relacionadas con ese Concello, ao que nos convida visitar o Sr. Alcalde. Son productores de castañas e tamén de viño e de cereixas. Un pobo Berciano que paga a pena coñecer e que a súa Concelleira de Cultura, dona
Consuelo López Pérez virá a recoller ese galardón en nome do Sr. Alcalde.
Continuamos o programa poñéndonos en contacto con LUCIANO PÉREZ, mestre artesán no Obradoiro de Instrumentos tradiconais na Deputación de Lugo. Estivo na inauguración da exposición que aínda está na Biblioteca da Universidade de Barcelona. Fálanos da confección dos instrumentos, dos proxectos tan interesantes que están a realizarse no Obradoiro da Deputación e tamén nos anuncia que estará, novamente na Universidade de Barcelona o vindeiro día 21, para visitas guiadas na exposición dos Instrumentos na universidade. Agradecémoslle a súa amable atención.
Despois de escoitar outra peza de música conectamos con
ROCÍO CASTRO, da
Fundación Rosalía de Castro, a Casa de Rosalía en Padrón. O motivo da entrevista-conversa é para que nos comente o que están a propoñer para o día 23 de febreiro con motivo da celebración do "Día de ROSALÍA", mediante o Caldo de Gloria. Teñen nada menos que uns sesenta mil manteis de papel para entregar a tódolos que o desexen, poñéndose en contacto coa Fundación na súa páxina
rosalia.gal. Tamén nos fala da posibilidade de recoller un agasallo que ofrecen a tódolos que merquen un libro nas librerías Galegas consistente nun libriño que recolle obras de Rosalía. Comentamos que se poden facer "Amigos de Rosalía" cunha pequena aportación anual para a poiar o traballo que están a facer. Agradecémoslle a súa participación no programa.
E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. ¡Que sexan felices!
Aquí podedes escoitar o programa enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario