27 de MARZO do 2012
Nesta terceira emisión voltamos a comezar na compaña de Xulio Couxil. Pretendemos realizar esta horiña de radio en galego comentando e dándolles a coñecer as novidades máis interesantes que acontecen no noso entorno e moi concretamente as realicionadas coa cultura galega. Escoitamos unha primeira peza de música do grupo "Quempallou" e deseguida conectámonos con Galicia, co noso correspondente en Monforte de Lemos (Lugo) XOSÉ MANUEL MONTES, que nos fai un percorrido especial polos acontecementos que el mesmo nos elixe. A verdade é que paga a pena recrearse e volver a escoitar as "5 pinceladas", a modo de haikus, unhas fermosas perlas coas que nos agasalla a todos, para despedirse ata o vindeiro día 10 de abril, que será a data de emisión do seguinte programa.
Despois da publicidade de rigor e de escoitar outra peza de música interesante, do grupo "Riobó", voltamos a comunicarnos con Galicia, coas terras da Baixa Limia (Ourense), nesta ocasión con XOSÉ LAMELA quen, a modo de apadriñamento mantén con nosoutros unha amena conversa e anímanos a seguir nesta teima de espallar o noso idioma e a nosa cultura. Agradecémoslle públicamente e desexámoslle unhas moi Felices Pascuas, ao igoal que a tódolos nosos oíntes e seguidores, e despedímolo coa peza titulada "Alecrim", de María do Ceo.
O seguinte programa será o día 10 de abril ás 4 da tarde, coma tódolos martes...
¡¡¡Boa Pascua para todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario