No control técnico DAMIÁ, na locución un servidor de vostedes: ARMANDO FERNANDEZ, e acompanándonos ANTONIO DÍAZ (Corresponsal de Galicia no Mundo e Secretario da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà) e XULIO COUXIL, Director do programa "Sempre en Galicia" de Radio Cornellà. Comezamos dándolle-las gracias ás persoas responsables pola boa acollida, dona Montse e Josep Pallarés. Tentaremos facer un programa digno e con agarimo para atraer a tódolos galegos e simpatizantes. Os teléfonos da emisora permanecerán abertos para que participen: 936541400 e 936541500. Tamén poden enviar as súas suxerencias e os seus correos a : galegosnobaix@gmail.com, ou deixar o seu comentario no noso humilde blog: http://galegosnobaix.blogspot.com/
Despois dos saúdos de rigor poñémonos en contacto con XOSÉ MANUEL MONTES, encargarase da sección de comunicación dende as terras de Lemos, en Galicia. Fálanos un chisco, como primeira intervención, das cousas que están a suceder. A vindeira semana seguro que nos terá preparada outra crónica interesante.
A segunda comunicación-intervención é con MASITO BEIRÓ. Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta nova andaina. Na seguinte semana voltaremos a conectar con el, que dende Padrón seguro nos terá preparado algunha cousa de interese para tódolos oíntes e seguidores.
O vindeiro martes voltaremos a estar con todos vosoutros nesta mesma sintonía, de catro a cinco. ¡¡¡ Agardámosvos !!!
Aquí está o primeiro programa de "Galegos no Baix", dirixido por ARMANDO FERNANDEZ. Despois dos nervios da primeira edición, esperamos que teña moitos éxitos a partir dagora... ... ¡Felicitacións!
ResponderEliminarFOI UNHA HORA DE RADIO EN GALEGO, E SOBRE TODO UNHA AGRADABLE LEMBRANZA DE AQUEL PRIMEIRO "GALEGOS NO BAIX" DO ANO 1995.
ResponderEliminarNOS TEMPOS QUE CORREN XA É IMPORTANTE QUE NOVOS PROXECTOS VEXAN A LUZ E QUE SIRVAN PARA COMUNICARNOS MELLOR.
PARABENS E LONGA ANDAINA
ADONETO.
Parabéns por este retorno tan esperado.
ResponderEliminarLonga vida ao galego e á radio en galego en Catalunya!!
Saúdos,
Xosé Manuel