Como cada semana comeza o programa dándolle a "Ben-vinda" a tódolos nosos oíntes e seguidores e presentando o equipo que leva adiante a emisión de hoxe. Dámoslle os nosos enderezos e conectamos co noso correspondente deportivo: ABEL HORTAS, que nos comenta o máis interesante relacionado co futbol de 1ª división (Deportivo de A Coruña e Celta de Vigo), e outros comentarios referentes ao F.C.D. Lugo, que milita na 2ª división.
Conectamos con Galicia para falarmos con XOSÉ MANUEL MÍGUEZ, que acaba de recoller o Premio ao mellor cortador de xamón. Felicitámolo e prometémonos voltar a charlar con el en vindeiras ocasións.
Na segunda hora, como ven sendo habitual, falamos co correspondente en MONFORTE de LEMOS, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparadas unha selección de noticias interesantes para todos, adubiadas cun chisco de humor.
O ultimo apartado dedicámolo a comentar asuntos do programa entre nosoutros dous. Como eu non me topaba nos estudios tivémo-la ocasión de "darlle varias voltas" ás diversas intervencións do programa de hoxe.
A vindeira semana máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario