jueves, 16 de abril de 2015

XOVES 16 de ABRIL do 2015

Comezamos unha emisión máis en galego, con novidades no equipo: ABEL HORTAS incorpórase para levar adiante a sección do deporte galego e moi en particular o fútbol. Propoñémosvos escoitar unha peza de música de "2 Na Fronteira", xa que deseguida tentaremos falar con CARMEN PENIN.
As noticias que nos achega o noso comentarista deportivo ABEL, xiran ao redor do Deportivo de A Coruña, o Celta de Vigo, o C.D. Lugo e do Club de Basquet Breogán. A vindeira semana prométenos achegarnos máis noticias e posiblemente algunha entrevista con alguén relacionado co deporte galego.


A primeira entrevista-conversa é con CARMEN PENIN, que xa anunciabamos ao comezo do noso programa. Agradecémoslle a súa amable atención e infórmanos das novidades e traballos nos que están inmersos os de "2 Na Fronteira", así como dos concertos e actuacións previstas para datas próximas.


Na segunda hora conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) para falarmos con Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que nos ten preparadas noticias curiosas de Galicia e finaliza a súa intervención con certas ocurrencias "Twuiteiras", que convén escoitar con certa atención xa que teñen bastante "retranca".


Falamos despois con HENRIQUE ALVARELLOS, Director da Editorial do mesmo nome: "Editorial Alvarellos", periodista, escritor e actualmente dedicado en exclusiva á Edición. Fainos un pequeno percorrido pola grande obra herdada do seu pai e fundador da Editorial: Os libros que publican (como el mesmo nos especifica, do que non editan: libros de texto). Agradecémoslle a súa aportación ao noso programa e combinamos poder voltar a conectarnos para que nos siga informando das novidades e publicacións que realizan.


Lembrámoslles que este noso programa volve a re-emitirse os domingos de 13 a 15 horas. 
Nós voltaremos a vindeira semana con máis emisión, e en galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario