Un programiña máis falándolles en galego. Na presentación do programa de hoxe indicamos que teremos a presencia, nos estudos, de RICARD ROS, un dos coordinadores do VI FESTIVAL RUBRIFOLKUM, que se celebrará en SANT BOI, durante os días 11 e 12 de marzo.
Unha vez nos estudos o noso convidado RICARD ROS, chamamos a FERNANDO BARROSO, que será un dos músicos que participarán, xunto con PEDRO FARIÑAS e LUÍS PEIXOTO, e que forman o grupo TRIM . Ao tempo que falamos con eles imos escoitando algunha das pezas dos discos que nos trouxo e que nos agasalla RICARD, o convidado especial do programa de hoxe. Agradecémoslle a súa aportción e información. Voltaremos a convidalo.
Na segunda hora, coma sempre, falamos con Xosé Manuel F. Montes, o noso correspondente na Ribeira Sacra (Monforte), encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? fainos un percorrido interesante sobre as súas escollas de noticias interesantes para tódolos nosos oíntes.
E para finalizar tentabamos falar con LYDIA BOTANA, que nos informara sobre ese disco de música Infantil "De aquí para alá", que tanto éxito está a a ter nas escolas e cos cativos, pero non nos foi posible, aínda que sí puidemos escoitar algún tema desa publicación. En vindeiras datas tentaremos falar con ela.
A vindeira semana máis. ¡Non faltedes á nosa cita!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario