Comezamos o programa conectando con don MANUEL VAZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos informa das actrividades que están a realizaar e da que próximamente terá lugar na cidade de Sabadell, a "1ª Festa do LACON" nesa cidade, para tódolos socios, simpatizantes, amigos e toda a pobalción e arredores. Haberá un stand con produtos de Galicia, pero o primcipal será esa Festa do Lacón, na primeira fin de semana de MARZO. Quedamos todos convidados a participar dese grande acontecemento que se realizará na cidade de Sabadell por primeira vez.
A segunda intervención-conversa é con dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable da Asociación de Hostalería da zona Sur de Lugo, que nos informa da realización da : "VIII edición do ESTASE COCENDO" que se ven celebrando en diversos establecementos da Ribeira Sacra. O padriño desta edición será don DANIEL DE LA TORRE, cineasta recentemente galardoado nos Premios Goya. Tamén nos informa doutras celebracións e acontecementos de importancia en Monforte.
Na segunda hora, como cada semana, o noso correspondente XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? fainos un percorrido por diversas informacións e noticias de certo interese para todos nós. Denantes de acabar adiántanos o que será a súa aportación gráfica para o programa de hoxe, relacionada coa festividade do San Valentín próximo.
A ultima conversa-entrevista é con DIEGO MACEIRAS, do Grupo "BELLÓN MACEIRAS", mestre e intérprete de música galega, que nos fala do seu ultimo CD e do seu traballo tanto como no eido da interpretación musical como da docencia na escola que teñen. Agradecémoslle a súa amable atención e falaremos con el en vindeiras datas.
A próxima semana máis. ¡Non faltedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario