Un programiña máis con todos vostedes. Hoxe un bocadiño retrasados por mor do directo nas novas instalacións, que aínda estamos en probas pero con moitas ganas de que todo saia ben. Dámoslle a benvida a IVAN CONDE Estudante na Universidade de Barcelona, que nos visita nos estudos. Está a facer un traballo de investigación sobre os medios de comunicación galega en Cataluña. Agradecémoslle que participe connosco na emisión de hoxe. A seguir conectamos con Galicia para falar con dona OBDULIA CASTIÑEIRA, cociñeira do "Restaurante Casa do Labrego" de Baamonde - Terra Chá - Lugo. A conversa xira arredor dese gran restaurante que ten moita clientela e moita afluencia pola calidade dos produtos que sirven e pola excelente atención.
Despois conectamos con XABIER MOURE, Arqueólogo lucense que nos atende moi amablemente a fálanos da súa tarefa altruista relacionada co patrimonio galego e moi particularmente da zona do Caurel e dos arredores, mámoas, petróglifos, castros e outras xoias manumentais que el e a asociaicón á que pertence identifican e tentan poñer en valor e dar a coñecer. Desexámoslle moitos éxitos.
A segunda hora é para o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte. Xosé Manuel F. Montes, comeza a súa intervención na sección QUEN CHE PREGUNTOU? cos seus Me ghusta e non me ghusta, para rematar cunhas recomendacións para os que se acheguen por aquelas zonas e queiran disfrutar dalgunha Festa gastronómica (Festa do Melindre en Melide) ou "Feira do Viño en Ferreira de Pantón", con degustación e brinde con varias Denominacións de Orixe. Tamén nos envía a súa creación, en forma de viñeta, alusiva a algún dos comentarios alusivos ao programa de hoxe.
A ultima intervención.entrevista é con JUAN TALLON, xornalista e escritor que ven de presentar o seu ultimo libro: "SALVAJE OESTE". Agradecémoslle a sua amable atención e prometémonos voltar a conectar con el para que nos siga informando da súa faceta creativa.
A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario