Un programiña máis con todos vosoutros. Comezamos conectando con Galicia, concretamente con San andrés de Teixido, para falarmos con Jorge Bellón, un artesán que nos pon ao corrente das súas creacións con miga de pan (moi tradicionais e interesantes) e tamén nos fala do "Curro da Capelada" que este próximo domingo se realizará naquela contorna. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.
A segunda comunicación-conversa é coa nosa admirada e benquerida amiga MERCHI ALVAREZ, que nos pon ao corrente das ultimas presentacións dese libro "Galicia un país de primeira" e que está a ter un éxito importante alá onde se realiza. A recadación das ventas irá integramente á investigación sobre a AME. Tamén nos fala doutras cousas interesantes.
Despois, na segunda hora, conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, que nos ten preparada a súa intervención chea de novidades interesantes comezando cos seus "Me Ghustan e Non me Ghustan, cheos de rabiosa actualidade. Despois sempre nos agasalla cunha ilustración referente a algunha das cousas que tratamos no programa. Nesta ocasión é algo relacionado coa perda dos nomes galegos que ultimamente estanse a usar pouco.
E finalizamos conversando con Santi Caramés, Chef do Restaurante de Vila de Cruces CASA Don Din, que nos fala do Galo de curral e do Galo de raza Mos, que eles mesmos crían. Tamén aproveitamos para que nos informe das ofertas que se poden degustar no seu Restaurante. En vindeiras datas tentaremos voltar a falar con Santi, para que nos siga informando.
Esta fin de semana convidámolos a que se acheguen ao Parc de Can Mercader, en Cornellà, que terán Festa Galega organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro, e poderán degustar productos galegos de calidade e disfrutar do Concerto Celta de Susana Seivane o venres día 1 de xuño. O sábado e domingo terán a posibilidade de disfrutar coas actuacións tradicionais e folklóricas dos diferentes Grupos de Gaita e Danza galega, ademais das verbenas con dúas orquestras, xunto coa despedida con queimada gratuita para todos e fogos de artificio como remate de Festa. A vindeira semana máis, e se podemos, mellor. Que pasen unha feliz semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario