jueves, 7 de junio de 2018

XOVES 07 de XUÑO do 2018

Outro programiña máis con todos vostedes... Hoxe comezamos ofrecéndolles unha peza musical para todas aquelas persoas que padecen algún tipo de cancro. E deseguida poñémonos en contacto con OVIDIO, do "Mesón Catro Ventos" , que moi amablemente nos recibe e fálanos da súa traxectoria nese Restaurante que acaba de cumplir 10 anos de existencia e que ofrece como especialidade principal as Carnes á Brasa, con denominación de orixe, e moi especialmente as da súa crianza particular: Vacas de raza Vianesa. Tamén nos comenta outras ofertas que se poden degustar no seu establecemento. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e prometémonos volver a falar con el.


A segunda entrevista é con dona
Adela Leiro, coautora dese libro "Galiza un país de primeira", cuxa recadación vai íntegramente á Asociación "Galiciame" que preside a nosa benquerida amiga Merchi Alvarez. Unha conversa moi ilustrativa e que prometemos complementar, cunha nova entrevista, en vindeiras datas.


Continuamos na segunda hora co noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección Quen Che Preguntou?, que sempre ten unha serie de informacións moi relevantes que el resume nos seus Me ghustan e Non Me Ghustan. Despois acaba coas recomendacións para esta fin de semana que están moi relacionadas co disfrute de varias celebracións importantes en Galicia, Festa da Cereixa, Semana Verde, Festa Histórica e Petín...


Finalizamos o programa conectando con
Manola Porto Arias e Beatriz Vila Freire, que nos falan do "10 Cume-Tapas de Monforte de Lemos" no que están participando nada menos que 20 establecementos hostaleiros, destacando a tapa infantil que estrean este ano. Agradecémoslles a súa información especializada e desexámoslles moitos éxitos.


A vindeira semana moito máis e, se podemos mellor!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario