Ultimo programa do ano 2018, que comezamos saudando a tódolos oíntes e seguidores. Propoñémoslles escoitar unha peciña musical do ultimo CD de Xabier Vizcaíno, e deseguida conectamos con dona ROSALÍA MORLÁN, unha grande poeta galega e amiga, que nos pon ao corrente das súas ultimas creacións literarias, moi relacionadas coa escrita para nenos. Muy posiblmente presentará este novo libro: "O DRAGÓN ANTÓN E O SAPO ROSENDO". Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle todo o mellor para o vindeiro ano 2019.
A segunda intervención é con XABIER VIZCAÍNO, que nos conta parte das súas ultimas actuacións e conceertos, en compañía de LUCÍA e outros músicos que o acompañan. Comezaron na vila de Celanova o venres pasado e continuarán en padron. Serán catro Concertos por toda Galicia. Felicitámolo por ser elixido como "Embaixador de Galiciame para o 2019" e desexámoslle moitos éxitos e moitas Felicidades nestas festas Nadalencas, e que as disfrute xunto con tódolos seus.
Continuamos coa participación do noso correspondente en Monforte de Lemos, Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que desenvolve con minuciosidade cos seus Me Ghustan e Non Me Ghusta,. tan axeitados, relacionados coa actualidade galega do momento. Tamén nos envia unha relación de varias "Curiosidades" que destaca. Deséxanos Felices Festas e nós correspondémoslle devolvéndolle os desexos, con moito agarimo.
E finalizamos coa intervención da nosa correspondente nos Ancares, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que fai un pequeno repaso das actividades populares, relacionadas coas navidades. Algunhas delas rescatadas do esquecemento, pero moi celebradas naquela contorna, como "O Apalpador"... Despedímola desexándolle Boas Festas.
E o mesmo lles desexamos a tódolos nosos oíntes e seguidores:
¡QUE TEÑADES UNHAS FESTAS DO NADAL MOI FEITICEIRAS E QUE O ANINOVO 2019, VEÑA CHEO DE BONDADES!!!
Até o ano que ven, que agardamos volvan a sintonizarnos. ¡Apertas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario