jueves, 13 de diciembre de 2018

XOVES 13 de decembro do 2018

Na GALA de Galiciame
Despois das salutacións de inicio conecta con Daniel da empresa familiar CAURELOR, co que comenta varias das actividades recentes e dos produtos que ofrecen dende a súa páxina e dos que se poden adquirir e aproveitar para disfrutar deles nestas festas nadalencas.

Seguimos o programa comunicando Miriam González, unha das responsables do Documental "A Memoria da RAIA" que ten que ver coa investigación e o proxecto que encetaron Iris Justo, Andrea Pérez e Miriam González no verán do 2016, e que as levou coas súas propias cámaras a percorrer varios puntos da fronteira, como Medeiros de Monterrei, Montealegre, Chaves, Verín, Chaves, Vilarelho da Raia, Cambedo da Raia, Souteliño, Oimbra... e moitos pobos máis pertencentes a esa Raia galego-portuguesa chea de grandes verdades que se poñen en valor gracias a este traballo que nos seguirán ofrecendo e expoñendo estas mozas galegas.


A sección "Quen che preguntou?, como cada semana, a cargo do noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, comeza comentando a recente presenza de Armando na "IV Gala-Xantar de GALICIAME".Depois continúa cos seus "Me ghustan e Non me ghustan" que sempre ten moi ben escollidos. Tamén nos envía a súa colaboración en forma de viñeta, que teredes que aproveitar para seguirnos na vindeira emisión do próximo xoves, xa que terá moi boas e fermosas consecuencias agradables, en forma de agasallos para os oíntes e seguidores.



Finaliza a programación de hoxe coa participación da nosa correspondente nos Ancares FERNANDA FOLLANA, que nos informa de varios acontecementos moi interesantes para estas datas do Nadal, e tamén fainos algunhas recomendacións para disfrutar naqueles lugares lucenses.



A vindeira emsión será a que finalizará a nosa participación radiofónica deste ano. Non deixen de conectarnos, que teremos varias sorpresas moi interesantes e agasallos para os que nos seguen e queiran participar en directo con nosoutros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario