Na GALA de Galiciame |
Seguimos o programa comunicando Miriam González, unha das responsables do Documental "A Memoria da RAIA" que ten que ver coa investigación e o proxecto que encetaron Iris Justo, Andrea Pérez e Miriam González no verán do 2016, e que as levou coas súas propias cámaras a percorrer varios puntos da fronteira, como Medeiros de Monterrei, Montealegre, Chaves, Verín, Chaves, Vilarelho da Raia, Cambedo da Raia, Souteliño, Oimbra... e moitos pobos máis pertencentes a esa Raia galego-portuguesa chea de grandes verdades que se poñen en valor gracias a este traballo que nos seguirán ofrecendo e expoñendo estas mozas galegas.
A sección "Quen che preguntou?, como cada semana, a cargo do noso correspondente XOSÉ M. F. MONTES, comeza comentando a recente presenza de Armando na "IV Gala-Xantar de GALICIAME".Depois continúa cos seus "Me ghustan e Non me ghustan" que sempre ten moi ben escollidos. Tamén nos envía a súa colaboración en forma de viñeta, que teredes que aproveitar para seguirnos na vindeira emisión do próximo xoves, xa que terá moi boas e fermosas consecuencias agradables, en forma de agasallos para os oíntes e seguidores.
Finaliza a programación de hoxe coa participación da nosa correspondente nos Ancares FERNANDA FOLLANA, que nos informa de varios acontecementos moi interesantes para estas datas do Nadal, e tamén fainos algunhas recomendacións para disfrutar naqueles lugares lucenses.
A vindeira emsión será a que finalizará a nosa participación radiofónica deste ano. Non deixen de conectarnos, que teremos varias sorpresas moi interesantes e agasallos para os que nos seguen e queiran participar en directo con nosoutros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario