jueves, 27 de abril de 2023

XOVES 27 de ABRIL do 2023

Comezamos a emisión de hoxe coma sempre, coa nosa sintonía e as salutacións oportunas. Escoitamos un bocadiño de música e saudamos a JUAN PABLO GÁNDARA DE TORENO, que nos visita nos estudios. Un escritor que nos ven a presentar a súa novela. "Los últimos días con Valentina". Mantemos unha conversa moi distendida que nos aproxima á súa creatividade escritora e tamén nos adianta que está a traballar para publicar algunha novela máis. Este primeiro título publicado tivo unha xestación algo longa, que tamén se viu interrumpido por mor do Coronavirus, pero aínda se pode adquirir poñéndose en contacto co seu autor, no seu propio correo electrónico, que nos facilita (nemesiodieziglesias@gmail.com). Tamén nos informa da súa páxina web: http//juanpablogandaradetoreno.blogspot.com.es/, na que podemos atopar tódalas noticias relacionadas coas súas produccións e poesías, que tamén escribe.

Continuamos o programa e conectamos con XOSÉ CANOSA, Presidente da Asociación Cultural Galega "AIRIÑOS DA NOSA GALICIA" en Santa Coloma de Gramenet. Parabenizámolo pola recente celebración da lectura do Quixote, en galego, coa participación de máis de cento sesenta lectores. Tamén o felicitamos pola próxima celebración do 40 aniversario desta Entidade, que será durante os días 5, 6 e 7 de maio próximo, no Parc d'Europa. "Quiero vivir en la ciudad" é o título da obra Teatral-Musical que o Grupo Rambioia da Entidade teñen previsto interpretar como Teatro-Musical Solidario (homenaxe a Mecano) que se representará no Teatre Segarra esta fin de semana. Tódalas entradas están ocupadas, e o prezo das mesmas son 3 alimentos non perecedeiros. Infórmanos que o ano pasado recaudaron nada menos que tres toneladas de alimentos. A Festa Cultural - Gastronómica "40 anos Airiños da Nosa Galicia" terá unha serie de actuacións e actividades moi interesantes ás que nos convida para poder disfrutar en perfecta armonía e convivencia. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

Continuamos un bocadiño máis de charla co noso convidado de hoxe, Juan Pablo Gándara de Toreno, que nos indica algunha curiosidade relacionada coa súa traxectoria persoal e familiar. Tamén nos puntualiza que asina as súas dedicatorias nos libros co nome de Nemesio. Infórmanos que ten escrito xa varias novelas, algunhas próximas a saír ao prelo, concretamente a finais do verán, posiblemente no mes de setembro recibiremos novamente a súa visita para darlles a coñecer algún novo libro publicado.

A seguinte intervención é a do noso correspondente na capital da Ribeira Sacra - Monforte de Lemos - XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU, que escolle as noticias máis salientables comentándoas cos seus "desghústanme e ghústanme". Tamén nos envía as súas reflexións e recolleitas detalladas con frases moi enxebres e refráns cheos de retranca. Por veces tamén nos envía a súa viñeta alusiva a algún momento da emisión. Agradecémoslle a súa colaboración semanal.

Recibimos agora a ARANCHA ESTÉVEZ LAVANDEIRA, xornalista e escritora, que nos fala do seu libro: "María Casares. A célebre refuxiada, a descoñecida". En datas anteriores recibimos, e publicamos unha fermosa intervención do noso colaborador Luís Losada, que nos facía coñecer un bocadiño deste libro que recolle a biografía de María Casares escrita en galego. A Editorial Aira publicou o ano pasado este libro coincidindo co centanario desta actriz que levou o teatro ao seu máximo explendor, e que estivo fortemente marcada pola experiencia do exilio. Arancha foi tamén a directora responsable dunha exposición que se fixo sobre María Casares, itinerante por varias localidades galegas. Agradecémoslle a súa amable atención.

Voltamos a comentar algunhas particularidades con Juan Pablo Gándara de Torenoaproveitamos esta ocasión para darlle a grazas pola súa colaboración de hoxe e despedímonos dos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves á mesma hora.

Deixamos aquí o programa completo.



jueves, 20 de abril de 2023

XOVES 20 de ABRIL do 2023

Un programiña máis de dúas horiñas de radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía e as salutacións correspondentes, escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con MARÍA SOLAR, Periodista, Presentadora e escritora. Presenta o programa cultural ZigZag da TVGalega. Parabenizámola pola publicación do libro recentemente premiado por Editorial Galaxia: "La Culpa". Precisamente este será o libro que virá a asinar na celebración da "Festa de Sant Jordi, en Barcelona". Ten previsto a súa presencia en varias localizacións dende as 10 da mañá, en Abacus, no Paseo de Gracia, na Pedrera, no Corte Inglés da Praza de Catalunya, no FNC, na Casa do Libro... Un libro que está traducido ao castelán e tamén ao catalán. Agradecémoslle a súa disponibilidade para informarnos e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos nesa xornada tan engaiolante o próximo domingo.

O seguinte convidado é a persoa quen lle damos a ben-vinda, atópase aquí, nos estudos. É TOMAS MARÍA PORTA I CALSINA, avogado e escritor catalán. Falamos con el para podermos saber algo máis desa súa publicación "Aventures a Galícia", que presentará na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà o vindeiro sábado día 22 ás 19h. Descúbrenos que este é un libro de viaxes confeccionado durante as súas visitas a Galicia. Contén cuarenta e nove apartados nos que vai percorrendo as vilas e cidades que describe neste libro moi recomendado. Escoitamos outro bocadiño de música.


Continuamos a entrevista con Tomás e comprobamos, na conversa que mantemos, que este libro ofrécenos unha visión moi amable e moi feiticeira da nosa Galicia, tamén podemos descubrir algunhas traduccións de poesías e textos galegos ao catalán. Algúns dos seus lectores dixéronlle que os cataláns que o lean seguro que lle entrarán ganas de visitar Galicia e os galegos que desexen lelo seguro que recoñecerán nel un aprezo pola súa terra máis íntimo. A verdade é que a conversa-entrevista é moi distendida e descubrimos un percorrido moi interesante, feito por un catalán que apreza moito "o noso". Voltamos con outra peza musical.


Poñémonos en contacto con BEATRIZ VILA FREIRE, Delegada da APHEL (Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo). Fálanos dos recentes eventos organizados e desenvolvidos na Ribeira Sacra e das próximas actuacións previstas, como o "Cume Tapas" a Feira do Viño de Monforte e moi particularmente a participación moi activa na "Volta Ciclista a España", á que nos convida posto que estará presente no seu inicio en Barcelona concretamente. Agradecémoslle a súa participación.


E conectamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos concretamente, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección "Quen che Preguntou?", que nos fai partícipe das noticias por el escollidas, mediante os seus "Desghústanme e Ghústanme". Despois coméntanos algunhas frases recollidas na súa "libretiña pequena" que sempre teñen un bocadiño de retranca e unha recolleita moi enxebre da nosa fermosa riqueza linguística. Tamén nos agasalla coa súa viñeta referida a unha das intervencións no programa, e que nesta ocasión aproveita a visita do noso convidado nos estudos, Tomás. ¡Moitas grazas Xosé Manuel! Que teñas unha feliz semana.

Colgamos aquí o programa enteiro.





lunes, 17 de abril de 2023

XOVES 13 de ABRIL do 2023

Este xoves comezamos sin a presenza de Xulio Couxil. A súa ausencia débese a unha obrigada saída persoal a Galicia. Pero comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e varias pezas de música poñémonos en contacto co compañeiro na comunicación OSCAR DE SOUTO, que nos fala da súa faceta como portavoz delegado para a provincia, nomeado recentemente polo partido político UCIN (Unión de Ciudadanos Independientes) mediante o cal se presentará á Alcaldía no Concello de Ponteceso. Infórmanos dalgunha das súas propostas que incorporará no seu programa electoral, especialmente o que se refire ao turismo de calidade. A pesar desa tarefa como responsable político segue a súa faceta creativa escrita e poética.

O segundo convidado é GUIDO ÁLVAREZ, Guía Oficial da cidade de Lugo, que aproveita esta ocasión para darnos a coñecer algunhas das novidades interesantes relacionadas co Turismo de Lugo e da provincia xunto con outras propostas moi interesantes. Un proxecto que ten moito que ver con outras propostas de visitas guiadas na provincia e outras localidades galegas en conxunto. Precisamente esta fin de semana estará en Becerreá para facer un tramo de Via Künig entre Becerreá e As Nogais, e no mes de setembro tornará a visitar A Fonsagrada. Agradecémoslle a súa amable atención.

Poñémonos en contacto con PABLO GONZÁLEZ, das Adegas EDV 2015 en Quiroga, que xunto con SANDRA veñen de recibir o Premio de Catas por Parellas na XLIII Feira do Viño de AMANDI (en Sober). Tamén nos comenta a súa participación na "XLI Feira do Viño de Quiroga", onde tiveron como pregoeiro a Carlos Sobera, e unha grande participación de asistentes, chegando a esgotar as súas existencias algunhas das adegas participantes. Agradecémoslle a súa colaborción de hoxe.

A seguinte comunicación é con ADRIÁN L. RANCAÑO, Arquitecto que xunto con Daniel G. Magide encargados da redacción e do proxecto da construcción do CENTRO CULTURAL FORGES -Antonio Fraguas-, reutilizando a antiga sede da Casa Consistorial do Concello de A Fonsagrada. Un espacio que pretende ser algo máis que un lugar expositivo, con actividades relacionadas coa cultura e outro tipo de propostas que seguro empregará o Concello. Na presentación do proxecto, na propia vila, estiveron presentes as fillas e fillo de Forges, que aportan a súa colaboración.

Deixamos aquí o programa completo: