jueves, 31 de octubre de 2013

31 de OUTUBRO 2013

Outro xoves máis con vosoutros para poder levar adiante este programiña de dúas horas de radio en galego, tentando facerlles amena a audición de cada semana. Despois dos saúdos de rigor poñémonos en contacto con EMILIO RÚA, que ten previsto facer unha visita a BARCELONA para realizar un concerto das súas creacións musicais no CENTRO GALEGO de Barcelona o vindeiro día 9 de NOVEMBRO. Unha entrevista-conversa na que aproveitamos para repasar, un chisco a súa traxectoria e os seus próximos proxectos.


Falamos da celebración do día de SANTOS, que ten moita tradición e ancestralidade na nosa comunidad gallega. O SAMAIN, concretamente, que se traduce no hallowen Norteamericano, aínda que a súa procedencia ven de moi antiguo, moi probablemente Celta e dos Druidas.


O noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé Manuel F.Montes, fainos un percorrido interesante e remata a súa intervención con pinceladas humorísticas sobre os choupís e unha selección de refráns e ditos galegos desta época do ano.


Denantes de despedirnos poñemonos en contacto con don ERNESTO LAGARÓN, ao que lle pedimos unha valoración da FESTA GALEGA que se celebrou en días atrás e avánzanos os Actos que ten previsto realizar a A.C.G.SAUDADE, en Barcelona. Agradecémoslle a súa participación e información detallada.


A vindeira semana voltaremos, con máis noticias, música e entrevistas que agardamos sexan do voso interese.

jueves, 24 de octubre de 2013

XOVES, 24 de OUTUBRO do 2013

   Unha nova entrega deste programiña en galego, dende Radio Sant Boi. Despois dos saúdos de rigor e ofrecémoslle escoitar unha peza de música de ANA KIRO, para homenaxear á un contemporáneo dela, Manolo Escobar. Despois de comentar algunha que outra novidade interesante poñémonos deseguida en comunicación con MASITO BEIRÓ, en Padrón, que tiñamos previsto que nos fixera unha pequena crónica, pero por mor de circuntancias coincidentes tan só podemos manter unha pequena conversa e despedímonos con outra peza de música da mentada artista Ana Kiro. 

 Voltamos novamente a Galicia pra falarmos con XOAN LUACES, responsable de FOLMUSICA e doutras editoriais galegas, que nos explica un chisco o que foi a presentación do Libro-Disco "Cantares Gallegos" en Santiago de Compostela. Agradecémoslle a súa atención e comprometémolo para que poidamos voltar a contar con el en vindeiras ocasións e publicacións. 

 Na segunda hora, despois de escoitar novamente, outra peza de música, falamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, XOSE MANUEL F:MONTES, que nos ten preparadas varias novidades e noticias interesantes. 

 Xa para rematar falamos con JUAN, Presidente da A.C.G.AGARIMOS, de Badalona, que nos fai partícipes da "XV FESTA da EMPANADA e do ROSCÓN", que van a realizar na súa Entidade (rúa París, 15 de Badalona) o vindeiro sábado día 26 a partir das 7:30 do serán. Tamén nos convida ao seu Magosto, que celebrarán o próximo día 9 de novembro. Despedímolo con outra peza de música e tamén nos despedimos de tódolos nosos oíntes e seguidores desexando que volvan a conectar con nosoutros outro xoves máis, que os sorprenderemos con motias cousas novas. 

 ¡Que pasen unha semana moi feliz!!!

DOUS Programas atrasados do 3 e do 10/10/2013

O XOVES, 3 de OUTUBRO do 2013, tivemos a ocasión de conectar, na primeira hora, con FERNANDO RIAL, un artista que vive na península do Morrazo. Escritor de "TEMPOS ANARANXADOS", escritor, pintor e escultor, co que mantemos unha conversa moi agradable.

Estamos acompañados nos estudios por ANTONIO DÍAZ, directivo da A.C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà, que tamén é corresponsal do xornal "Galicia en el Mundo" e Director da revista Lúa Nova. Comparte connosco esta emisión e aproveitamos para falar poñernos en contacto con Galicia e nesta ocasión falamos con Xulio C., que se atopa en Portomarín, no descanso dunha etapa do Camiño de Santiago, está a facer con seu irán Pablo. Tamén conectamos con OSCAR, do Albergue-Restaurante "Mirador da Ribeira", e mantemos unha conversa-entrevista con eles.

Na terceira parte do programa conectamos coa capital da Ribeira Sacra, para falarmos con Xosé Manuel, que sempre ten escollidas algunhas cousas interesantes para todos nós.

Xa nos finais, para rematar, falamos co Sr.MANUEL, da "TABERNA GALEGA", aquí en Sant Boi, que nos convida a pasar polo seu establecemento para degustar os productos galegos de primeira calidade que teñen na Taberna. Aproveita para ofrecer un agasallo a todos aqueles que chamen ao noso programa e respondan a unha das preguntas que Armando lles fará.


O día 10 de Outubro 

Na primeira parte do programa falamos coa Sra.CARMEN, da CASA DA CABAZA, en Lugo, máis concretamente no INCIO, que nos pon ao corriente das ofertas e oportunidades que ofrecen na súa Casa de Turismo Rural, aproveitando a campaña de Tour Galicia: "Outonos Gastronómicos".

Despois conectamos con "KIKE", na Abeleda, tamén na Ribeira Sacra, e mantemos unha conversa moi interesante, sobre os comezos de Radio San Boi, así como do programa que hoxe temos.

Novamente voltamos a Galicia, pero agora falamos con Xulio C. e con Masito Beiró. O noso "colega" xa rematou o seu Camiño de Santiago e coméntanos algunhas cousas del e falamos con Masito para comprometelo con nosoutros tódolos meses para que nos faga unha pequena crónica dende Padrón.

Rematamos o programa con varias informacións e comentarios relacionados coa nosa cultura.

jueves, 17 de octubre de 2013

XOVES, 17 outubro 2013

Seguimos a ofrecerlles este programiño en galego, co desexo de que poidan disfrutar de dúas horiñas de radio cheas de entretenemento, noticias, novidades e entrevistas, adubiadas con música galega. 
Nesta primeira hora poñémonos en contancto con don ALBERTO, responsable do HOTEL JORGE I, de Lugo, que ademais ten o MESON DE ALBERTO e o PAZO da TRAVE, en Viveiro . Unha conversa-entrevista moi entretida e con moita información sobre cada un dos lugares. Agradecémoslle a amable atención e prometémonos achegarnos a calquera deses sitios para poder disfrutar e degustar algún dos moitos manxares que nos "ensinou" coa súa conversa. 


Comentamos algunhas cousiñas que nos chegan á nosa Redacción, acompñámolas dun chisco de música e voltamos nun instantiño.

Despois, na segunda hora, poñémonos en contacto con nos correspondente oficial da RIBEIRA SACRA, XOSE M.F.MONTES, que sempre escolle cousas moi interesantes para informarlle aos nosos oíntes e seguidores. Nesta ocasión fálanos polo miúdo da vendima deste 2013 na Ribeira e déixanos co seu convite especial para que visitemos a zona e disfrutemos do seu encanto e beleza. 

Logo de escoitar un bocadiño máis de música galega, voltamos outra vez a terras de LUGO, para adentrarnos na montaña e achegarnos ata BARALLA, concretamente a SAN MIGUEL DE NEIRA DE REI, para falarmos con AITOR Castro, da CASA de CURRO, que nos atende moi amablemente e fálanos do seu Restaurante de montaña, que xunto con dous socios máis - ANTÓN Campello e IVÁN Gayoso - acaban de poñer en marcha con moita ilusión e ganas. A verdade é que coidamos que paga a pena visitalos e poder degustar os pratos que elaboran no seu Restaurante. Acolledor, con salóns para poder realizar calquera evento ou celebración. Os pratos que se sirven son de alta calidade e seguro que á satisfacción de estar nun lugar encantador cheo de paz e sosegó, súmase tamén o poder degustar pratos tradicionais e de grande calidade, con produtos da zona e garantizados. Agradecémoslle a súa dedicación e participación. 

En vindeiras ocasións seguiremos ofrecéndovos máis novidades e agardamos as vosas aportacións e participacións. 
Ate a vindeira semana!!!. 
Lembrade que este noso programa volve a re-emitirse os domingos de 12h a 14horas.