jueves, 25 de abril de 2019

XOVES 25 de ABRIL do 2019

Comezamos outro programa máis, despois das vacacións de Semana Santa, neste día de celebración da "Revolución dos Cravos", e ofrecémoslle escoitar o himno "Grándola Vila Morena", que tanto identifica aquela data do 25 de Abril do 1974. Despois poñémonos en contacto con Manuel Vazquez Osorio, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, para que nos fale e informe máis polo miúdo, da celebración da "IV Festa do LACÓN" nesa localidade do Vallés. Tamén nos fala das diferentes actividades que realizan, tanto das que teñen a ver coa propia Entidade Galega, como aquelas nas que participan como integrantes da sociedade galega e daquelas que forman parte da propia cidade de Sabadell na que teñen un prestixio moi arraigado. Agradecémoslle a súa aportación e desexámoslles que acaden moitos éxitos.

Despois de escoitar outro bocadiño de música, voltamos a Galicia, concretamente a Vilalba, onde se atopa a poeta e escritora Emilia Martínez Fuentes, coa que mantemos unha pequena entrevista-conversa falando da súa traxectoria creativa e da próxima presentación do seu poemario que leva por título: "Lendas e Versos". Fará unha primeira presentación na localidade de Vilalba, onde está a residir, pero seguro que terá previsto achegarse a outras localidades galegas para amosalo.

Comezamos a segunda hora falando co don MANOEL CARRETE, Asesor de Emigración da Deputación de Ourense. Comeza a súa intervención informándonos de que posiblemente se poña en marcha, axiña, o Museo Arqueolóxico da Roibeira Sacra, que xa casi está rematado, la localidade de Castro Caldelas. Tamén nos fala do "Museo da Emigración" que terá a súa ubicación no Pazo de Vilamarín. Estanse a realizar traballos de acondicionamento dos edificios e completar o moito papeleo e traballo administrativo que requiren estas dúas grandes obras que poñen en valor o traballo que os "emigrantes galegos no exterior" veñen realizando dende hai moitos anos.

Tamén nos poñemos en contacto con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente na zona dos Ancares, que fai unha pequena crónica de informacións e sucesos que serven para que se coñeza moito mellor a evolución da nosa poboación galega e  das moitas pezas museística que compre amosar e cuidar nestes dous grandes Museos que pronto veran a luz. ¡Moitos parabens!

E denantes de finalizar, ainda temos espazo suficiente para informar dunhas pequenas noticias moi interesantes, relaciondas co mundo do Termalismo e dos baños recomendados polos médicos especialistas, que forman parte dunha fórmula máis dinámica de aproveitar. Dalgunha que outra celebracion e premios acadados por varios artistas...

Finalizamos o programa despois de informarvos, dando a coñecer algunha que outra noticia galega de interese, e dende agora mesmo, desexamos que pasen unha feliz semana e volvan a sintonizarnos o vindeiro xoves á mesma hora.

jueves, 11 de abril de 2019

XOVES 11 de ABRIL do 2019

Programa anterior á Semana Santa, que comezamos conectando con Galicia para falar concretamente con don QUIQUE PEÓN, o grande Mestre, Investigador, Profesor e Director de Xacarandaina, a quen felicitamos e dámoslle os nosos parabens pola recente presentación no Teatro Colón de A Coruña, nunha Gala fermosísima, do Disco recopilatorio dos "40 Anos de Música Tradicional Xacarandaina". Unha ledicia poder disfrutar da súa conversa tan interesante e chea de ensino sobre as nosas tradicións e a nosa cultura. ¡Moitas grazas Quique!


A segunda intervención é a do Ilmo.Sr.Alcalde de Sober, don Luís Fernández Guitián, que nos fala da "XXXIX Feira-Festa do viño de Amandi". Énchenos de informacións sobre as múltiples actividades que teñen previsto realizar para esta fin de semana con motivo desta grande Festa declarada de Interés Turístico de Galicia. Unha honra poder comentar todas estas novidades que nos pormenoriza o Sr.Alcalde. 



Continuamos, na segunda hora, coa relación dos seus "Non Me Ghustan" e "Me Ghustan" do noso correspondente en Monforte de Lemos. Xosé Manuel F.Montes, que sempre ten unha escolla moi especial das noticias "ao seu xeito" e que fan da súa participación unha conversa moi interesante. Envíanos a súa aportación creativa en forma de viñeta, que nesta hecha fai referencia a unha das pequenas intervencións fraseolóxicas coas que nos agasalla, pero que hoxe adícalla a un servidor. Eu, dende estas liñas, agradézollo moi sinceiramente e felicítoo pola feliz idea. ¡Moitísimas Grazas!


A última participación é a de dona Balbina Alvarez, propietaria dun seu nogocio persoal "Oficina Técnica Agrícola Alvarez". Recibímola dándolle os nosos parabens, por ter sido elixida "Confrade Maior" da Confraría do Viño de Quiroga. É a primeira muller que pertence a esta honrosa Confraría. Tamén aproveitamos para desexarlle moitos éxitos nesa súa tarefa tan fermosa como é a de  aconsellar aos colleiteiros e agricultores.


Desexámosvos que pasedes unhas moi Felices Pascuas. ¡Que disfruten desta Semana Santa!


jueves, 4 de abril de 2019

XOVES 4 de ABRIL do 2019

Outro xoves máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a ben-vinda e despois de escoitar unha peciña musical poñémonos en contacto con NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA e ELENA FERRO. Permítome ler unha poesía da mencionada poeta pastora Nieves, adicada a uns zocos que lle agasallou o boteiro Roi. Presentamos a estas dúas artistas-artesáns e creativas que sempre nos agasallan con fermosas propostas: Novo calzado tradicional de formas modernas e actuais, unha, Elena. E a outra, Nieves,  grandes creacións poéticas acompañadas dunha fotografía e fermosas construccións escultóricas feitas "coa súa navalla" cando vai ao monte coas ovellas. Gabámonos de telas como partícipes da nosa emisión e agradecémoslle a colaboración de hoxe. ¡Parabens!

A segunda comunicación é coa nosa correspondente nos Ancares, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que ten preparadas unha cuantas novidades interesantísimas para percorrer por aquelas fermosas terras luguesas. 

Continuamos na segunda hora coa sección Quen che preguntou? do noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSE MANUEL F. MONTES, que cos seus "Me ghustan" ofrécenos unha cumprida mostra das súas escollas informativas. Tamén nos ofrece varias recomendacións de asistencia a algúns eventos importantes esta fin de semana próxima. A súa viñeta alusiva a algunha das intervencións no noso programa está relacionada coa decisión do Sr.Alcalde de Sober para irmanar unha localidade de Asturias co nome de Amandi co mesmo Amandi de Sober. Moi acertada.

A seguir conectamos con JORGE CASAL, un cantautor galego e especialista en problemmas de conducta dos animais. Grande colaborador da Gala anual de GALICIAME. Está a traballar nun novo CD que presentará próximamente. Desexámoslle moitos éxitos.

Concetamos novamente con Galicia para falar con OLAIA MANEIRO, compoñente do Grupo TANXUGUEIRAS, para darlle os nosos parabens por ter recibido o Premio ao mellor disco de música Galega. Falamos con ela que nos comenta o moito  que están a traballar non só por Galicia senón tamén internacionalmente. Veñen de actuar na India, estiveron en Portugal, acaban de actuar en Lalín, próximamente en Edinburgo... ... E están a traballar no seguinte CD... ¡Parabens!

Comentamos a presentación do traballo "40 Anos de Xacarandaina" que terá lugar no Teatro Colón de A Coruña, o próximo día 6, coa participación de máis de 50 artistas no escenario. En vindeiras datas comprometémonos tentar flar con eles para que nos falen do seu traballo.

O vindeiro xoves voltaremos. Agardámosvos a todos e moitas grazas por escoitarnos e seguirnos.