jueves, 31 de marzo de 2022

XOVES 31 de MARZO do 2022

Último programa do mes de marzo. Dámoslles a ben-vinda a tódolos nosos escoitantes e seguidores. Poñemos unha peciña musical e conectamos con Galicia para falarmos con SONIA MELÓN, unha poeta galega que apreciamos e saudamos cordialmente. Fálanos da próxima publicación dun seu poemario: "Dende a miña Fiestra". Seguro que será terá moita aceptación e moito éxito con el. Tamén nos comenta a celebración de varios eventos que se realizarán no Concello de Ponteareas, na Sala Multiusos. Presentacións de libros de varios escritores, un cada fin de semana do mes de Abril. Agasállanos coa lectura de dous dos seus poemas. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moito éxito.

A segunda convidada é dona LUCÍA FREITAS, CHEF do Restaurante "A TAFONA" en Santiago de Compostela. Parabenizámola porque acaba de recibir o Premio ao CHEF do Futuro: "Prix au Chef de l'Avenir", Premios Academia Internacional de Gastronomía 2022. Un restaurante de alta calidade, con 1 estrela Michelín e 2 soles de Repsol... mantemos unha conversa moi ilustrativa sobre as súas propostas gastronómicas e destaca unha serie de elementos que a converten nun referente nacional como cociñeira galega que ademais ofrece unha creatividade exquisita nos postres. Agradecémoslle a súa participación tan amable no noso programa de hoxe e desexámoslle moitos máis éxitos e moita máis prosperidade.

Saudamos e dámoslle a ben-vida aos estudos ao escritor MARCOS FERNÁNDEZ CALLEJA, que nos ven a agasallar cun libro da súa autoría: "Giráldez. Salvar las circunstancias para poder salvar lo que eres". Marcos é fillo dun home natural de Valeixe e dunha dona de Robledo de Losada. É a historia novelada que narra uns feitos reais e reconstruidos dunha saga familiar. Agradecémoslle a súa estimada aportación cultural ao noso programa de hoxe. Tódolos nosos oíntes e seguidores poden mercar esta novela en Amazon.
 

A continuación conectamos con EDILBERTO RODRÍGUEZ, una pastor-poeta-músico e entroideiro da zona do Bierzo, da Cabrera, concretamente do pobo de Pombriego. Mantemos unha conversa agradable, a pesares das inclemencias do tempo que el mesmo nos indica que está a padecer. Declámanos un bocadiño da súa creatividade poética e prometémonos a voltar a chamalo para dedicarlle máis tempo e que nos fale dos seus escritos e posiblemente o comprometamos para que tamén nos interprete algunha peza musical da zona.

Despedimos ao noso convidado nos estudios, Marcos Fernández e tamén nos despedimos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro xoves á mesma hora. Te que teñan unha feliz semana.

A última intervención é a do Presidente da ASOBECAT, Juan Pedro SÁNCHEZ, que nos presenta ao homenaxeado, don DAVID VALCARCE CANEDO, no "XVIII Festival del Botillo 2022" en Cataluña, previsto para o día 2 de ABRIL. Conversamos moi distendidamente con eles. Felicitaremos personalmente a don DAVID, Director na Radio Televisión Española. Agradecémoslles a súa participación.

A vindeira semana máis. Aquí deixamos o programa enteiro.

jueves, 24 de marzo de 2022

XOVES 24 de MARZO do 2022

Comezamos un programa máis de "Galegos no BAIX" coa nosa sintonía e a salutacións oportunas de cada semana. Despois de escoitar un bocadiño de música recibimos ao primeiro convidado de hoxe: CARLOS PARDO da Empresa  Alimentaria "VALLELONGO" radicada no Bierzo, concretamente no pobo de Ocero. Mantemos una conversa moi amena, infórmanos dos diferentes produtos elaborados de forma tradicional: Queixo en aceite, Queixo Picante, Queixo negro de vaca, Queixo de Cabra con pera, Pimentón de 1ª calidade (que xa foi premiado e está catalogado como o mellor de España), Estracto de Allo Negro, Vinagre de allo negro con mel, Vinagre de mazá... ... Todo tradicional elaborado con naturalidade. Virán ao "XVIII Festival do Botillo en Cataluña", organizado pola ASOBECAT o próximo día 2 de Abril no Hotel Front Air Congress de Sant Boi. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos!!

A segunda intervención é a da Profesora, Crítica Literaria e Doutora en Filóloxía Galego-Portuguesa dona TERESA SEARA, con quen mantemos unha pequena conversa-entrevista na que aprendemos un chisco de qué foi e cómo se desenvolveu o "Batallón Literario da Costa da Morte". A Editorial Chan da Pólvora acaba de publicar a Antoloxía do Batallón Literario da Costa da Morte, "Feros Corvos". Foi dona Teresa a que se encargou do estudo introdutorio e da selección de poemas do volume. Tamén lle preguntamos pola súa traxectoria e productividade creativa e escritora. Agradecémoslle a súa amable atención.

A continuación poñémonos en contacto con ANA VILA PROTOMEÑE "Poeta labrega". Felitiámola porque foi elixida para ser pregoeira da "XXX Festa do Caldo de Osos" da localidade de Taboada. Comentamos con ela varias cousas para informar aos nosos oíntes e seguidores e agasállanos coa lectura dun seu poema que leva por título "Sen ACOUGO". Agradecémosllelo e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Finalizamos o programa de hoxe escoitando a entrevista-conversa coa nosa admirada amiga escritora e poeta EMMA PEDREIRA. Participa nun evento no Concello de Carral, celebrando a 25 edición do Certame de Poesía dese Concello. Despois a presentación de "Os libros que hai en min" da súa propia autoría no Concello de Lalín. Antes de finalizar agasállanos coa lectura dun pequeno texto dun seu libro de narrativa. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe...
 

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. 

¡Que teñan unha feliz semana!

jueves, 17 de marzo de 2022

XOVES 17 de MARZO do 2022

Un xoves máis con todos vosoutros para ofrecervos dúas horiñas de Radio en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións de ben-vinda escoitamos un bocadiño de música para conectar con dona ISABEL MOCIÑO GONZÁLEZ, Profesora, Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, Crítica Literaria e Padroeira da Fundación Vicente Risco. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Infórmanos da próxima celebración dun evento moi interesante precisamente relacionado coa Fundación Vicente Risco en Allariz. Trátase da presentación do 24 Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais outorgado a Luisa Alexandra Oliveira Martins, e o XXV Premio Vicente Risco que se lle concedeu a Carlos Quiroga, "A costela galega de Eça de Queiros". Unha conversa distendida e moi ilustrativa.

A seguir conectamos con don Manuel Fernández Conde, de "gourmetgallego.com", en Sober (Lugo). Fainos un percorrido desa oferta on-line de productos galegos "Gourmet" escollidos precisamente para que os seus clientes vexan cumplidos as súas preferencias de productos de grande calidade, de orixe exclusiva galega. Comunícanos unha exclusiva, que posiblemente en próximas datas poderemos disfrutar dunha tenda física en Barcelona, para poder mercar e disfrutar deses productos que se poden atopar na súa páxina. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


Tamén falamos con FRAN SIEIRA, Compañía de Danza. Agradecémoslle que nos atenda, porque incomodámolo un chisco xa que está a dar aulas. A compañía está a interpretar unha obra "De mente" que veñen interpretando con moito éxito, tanto é así que están nominados para nada menos que 7 Premios. Infórmanos que virán a Cataluña, concretamente a Olot, o vindeiro día 10 de abril, para unha interpretación especial de trinta minutos, de ruada. Desexámoslle que teñan moitos éxitos.

 

O ultimo convidado é don JUAN PEDRO SÁNCHEZ GARCÍA, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT), que nos informa da Rolda de Prensa informativa do "XVIII Festival del Botillo en Cataluña" prevista para este próximo día 19 ás 18h no Hotel Front Air Congress de Sant Boi. En primicia adiántanos que a celebración desta Festa Berciana por excelencia, será nese mesmo Hotel o día 2 de abril. Coméntanos cales son os homenaxeados deste ano e convídanos a participar. En próximas emisións falaremos máis detidamente deste evento. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro xoves á mesma hora. Aquí póden escoitar o programa enteiro.

jueves, 10 de marzo de 2022

XOVES 10 de MARZO do 2022

José Iglesias
Unha semana máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programa de dúas horas en galego. Comezamos escoitando unha peza do Grupo Musical "Son do SIL" para conectar e darlle a ben-vinda a un dos seus intérpretes solistas: JOSÉ IGLESIAS SEARA, que nos recibe moi amablemente e conversamos con el sobre a súa faceta de intérprete na Agrupación Musical que xa volven a ensaiar con asiduidade. Por mor do coronavirus estiveron un tempo sen poder ensaiar e actuar, pero xa fai dúas semanas que comezaron a ensaiar para próximos compromisos e concertos en vindeiras datas. Agradecémoslle a participación e desexámoslle moitos éxitos.

A segunda intervención é a de Xan Rodiño, grande dinamizador e impulsor dos xogos tradicionais e populares galegos, en concreto da "billarda, a chave, a ra, os bolos..." a maioría deles con Ligas a Nivel Nacional Galego, e que proximamente, a Televisión de Galicia, retransmitirá algunha das competicions que en Galicia se realizan. Desexamos que teñan moito éxito.

Continuamos, na segunda hora cunha nova convidada, nesta ocasión MARTA GONZÁLEZ, colleiteira, xunto co seu marido, dun Aceite de Oliva virxe, na localidade de Quiroga. "O ouro de Quiroga", con árbores autóctonas de Galicia, coas variedades Brava e Mansa. Danos a coñecer a súa páxina Web, por se algún dos nosos oíntes e seguidores queren adquirir os seus productos: hhp://olivareiro.es. Desexamos que sigan acadando moita sorte nesa andaina de traballo, recuperando árbores centenarias e ofrecendo unha producción de aceite de grande calidade, que nos enorgullece a tódolos galegos.


A seguinte entrevista é con Paula Romero, do "Grupo De VACAS", con quen comentamos parte da súa traxectoria musical, que virán ao Teatre Plaza de Castelldefels, o día 18 de marzo ás 20h. Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe e desexamos que recollan moitos éxitos nesa actuación prevista en terras catalanas. As súas letras reivindicativas, cheas de feminidade e retranca galega, cunha mensaxe moi suxerente e en galego.
 

Despedímonos de tódolos oíntes e seguidores, desexando que teñan unha feliz semana.

Aquí colgamos o programa completo.

jueves, 3 de marzo de 2022

XOVES 3 de MARZO do 2022

Sonia Arias
Comezamos a emisión de hoxe coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións de ben-vinda escoitamos un bocadiño de música pra recibir á primeira convidada de hoxe: SONIA ARIAS LÓPEZ, poeta Luguesa que nos recibe moi  amablemente. Conversamos con ela, falamos da súa creación poética, da súa escrita e precisamente falando do seu traballo agasallanos coa lectura dun seu relato poético moi acaído para os tempos que estamos a padecer agora mesmo (alusivo á guerra). Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e prometémonos voltar a conectar con ela.

A segunda intervención é a de ANGEL MACIÑEIRAS, voceiro da Asociación Cultural de Filloa. Falamos con el para comentar a próxima celebración da "XXXIX Festa da Filloa de Lestedo", prevista para o día 6 de marzo. Infórmanos das diferentes actividades previstas para ese día: as camisetas desta Festa, a confección das filloas coa máquina filloeira que teñen (feita artesanalmente por un dos socios desta Entidade), o Pregón da Festa a cargo dun veciño de Boqueixón: don Xosé Manuel Lobato Martínez, que será presentado pola actriz e preentadora María Mera, a actuación das orquestras Olimpus e Finisterre, a participación dos Xenerais do Ulla, como remate do Entrudio e moitas cousas máis. Desexámoslles moitos éxitos.

Manuel Rivero
A continuación falamos co noso amigo MANUEL RIVERO PÉREZ, escritor, Licenciado en Socioloxía, Antropoloxía e Ciencias Políticas e Doutorando en Humanidades... Recibimos unha pequena lección de historia e biografía de Eugenio Montes, outro grande escritor e periodista Limiao, de Bande concretamente. Está a facer un traballo de recopilación e documentación relacionado coa traxectoria de Eugenio, moi pouco coñecida. Agradecémoslle a súa aportación tan interesante.

Juan Luis Estévez
E finalizamos o programa de hoxe coa conversa-entrevista que mantivemos con Juan Luís Estévez, Panadeiro artesán na Panadería-Pastelería Germán de Finisterre. Fainos unha pequena descrición da súa traxectoria chea de Premios con respecto á elaboración tradicional do pan. Felicitámolo e enviámoslle o noso agradecemento pola súa amable atención.

¡Que teñan unha feliz semana! 

Aquí deixamos o programa completo.