jueves, 30 de junio de 2016

Xoves, 30 de SAN XOAN do 2016

Ultimo programa da tempada, que comezamos conectando con ARMANDO, que nos fala dende Euskadi, das celebracións ás que asistiu, convidado pola súa familia e achegados.


Conectamos con Galicia para falar con don ERNESTO LAGARÓN, reelexido recentemente no Consello das Comunidades Galegas do Exterior, como Delegado en España. Felicitámolo e danos unha pequena descrición do que foron eses días de traballo en Cuba e a súa visión persoal.


Na segunda hora, como cada semana, conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?  As súas escollas e novidades son sempre moi ben recibidas e remata coas recomendacións retranqueiras para os visitantes. Tamén nos envía a súa "viñeta" alusiva a unha festividade moi tradicional e enxebre, que compartimos con todos vosoutros neste noso blog.


A intervención final é unha conversa con don ELADIO PIÑEIRO, da Adega Familiar do mesmo nome, que nos fala dese grande proxecto de ENOTURISMO, que está a levar adiante.


Despedímonos ate a vindeira tempada e desexamos que sigan sintonizando Radio Sant Boi.

viernes, 24 de junio de 2016

XOVES, 23 de XUÑO do 2016

Neste penúltima emisión da tempada comezamos escoitando unha peza galega e conversamos con MASITO BEIRÓ, un colaborador e amigo de PADRÓN, que nos fala das diferentes situacións persoais polas que pasou e da súa recuperación despois das operacións oftalmolóxicas que tivo que sofrir. Aledamonos moito e sabemos que segue a pintar e traballar nas súas ocupacións de sempre.


 Despois falamos con ANIBAL, responsable da ADEGA TAPIAS MARIÑÁN, en Verín, que nos fala da súa traxectoria e ademais de convidarnos a visitar, non só a súa adega, senón tamén a comarca e arredores, que ofrecen unha visita interesante. 


 Na segunda hora comezamos falando con CARLOS, PICHI, o responsable da Orquestra Almirantes de A Coruña, que ademais ten publicado un CD, do vimos escoitando algunha das súas creacións, e a seguir conectamos co noso correspondente na Ribeira Sacra, Xose Manuel F.Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e poñemos atención á súa selección informativa de cada semana. Tamén nos deixa a súa aportación creativa en forma de debuxo.


Falamos tamén con CARMEN, da Vivenda Rural XANELA da LÚA en Lira (A Coruña), que nos convida a disfrutar da estancia no seu establecemento e coméntanos que está a recuperarse dun serio accidente que sofriu hai un tempo. Desexámoslle que se recupere canto antes e que se cuide moito, para que poidamos seguir contando coa súa estimada aportación e colaboración neste nosa teima informativa.


A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos.

viernes, 17 de junio de 2016

XOVES 16 de XUÑO dp 2016

Comezamos o programa ofrecéndolles unha peza tradicional galega e deseguida conectamos con Galicia para falarmos con FRANCISCO NARLA, que acaba de publicar o seu libro : DONDE AÚLLAN LAS COLINAS, e que será obxecto de presentación estelar na Festa ARDE LUCUS, da cidade de Lugo esta fin de semana próxima. Desexámoslle moitos éxitos.


Falamos con JUAN PRIETO, Presidente da A.C.G.Agarimos, que nos presenta a "20 FESTA Galega de AGARIMOS en BADALONA", para os días 17, 18 e 19 vindeiros. Realizarán unha morea de actividades culturais e gastronómicas. Ademais de disfrutar da nosa música galega e das verbenas, tamén poderán recoller a revista "A Palloza" que editan anualmente.


Nesta segunda hora non poderemos conectar co noso correspondente Xosé Manuel, pero sí que conectaremos con Monforte de Lemos, concretamente con dona BEATRIZ VILA FREIRE, responsable da Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra, que nos fai de cronista e infórmanos dalgunhas interesantes cousas que están a suceder na comarca.


Tamén conectamos con dona  Verónica, propietaria, xunto con Daniel de CAURELOR.COM . Felicitámola polas novos tarros de marmelada e outros produtos que acaban de incorporar á súa oferta de grande calidade que veñen ofrecendo na súa Empresa Familiar. Agradecémoslle a súa participación no noso programa.

Aínda temos tempo para difundir algunhas das noticias que nos chegan á nosa Redacción, que fan referencia aos Premios Xerais desta ano 2016 e algunha que outra cousa máis.


A vindeira semana voltaremos con máis propostas, música galega, entrevistas, conversas, novidades e moitas cousas máis. Non deixedes de sintonizarnos.

martes, 14 de junio de 2016

09 de XUÑO do 2016

Colgamos hoxe o programa do xoves pasado, que por motivos diversos non puidemos facelo antes.
Comezamos a emisión conectando con FRAN ALLO, cantautor galego que nos recibe moi cordialmente e conversamos con el sobre o seu último traballo:Alma Gallega. Facemos un pequeno percorrido pola súa traxectoria musical e cóntanos as últimas actuacións fóra de Galicia e dos éxitos que está acadando con este CD que aínda está promocionando, pero que ultimamente tenno algo relativizado por mor da súa dedicación á formación persoal. Agradecémoslle a súa aportación.


A segundo conexión é con dona ESTHER TEIJEIRO, de "Adega Diego de Lemos" "Granxa Familiar" (en Chantada, concretamente na localidade de Pincelo), felicitámola polos éxitos que está acadando cos seus viños ecolóxicos da Ribeira Sacra. É a primeira adega ecolóxica rexistrada en Galicia. Desexámoslle que siga colleitando trofeos.


Novamente conectamos con Galicia e como cada semana falamos co noso correspondnete XOSÉ MANUEL F. MONTES, da sección QUEN CHE PREGUNTOU?. Tennos preparadas unhas noticias galegas interesantes e acaba a súa aportación coas palabras retranqueiras sobre o noso idioma e os refráns galegos cheos de intelixencia popular. Tamén nos envía a súa viñeta semanal, que sempre está chea de creatividade e con varias lecturas, segundo quen a contemple, alusiva ao programa de hoxe.


A ultima conversa-entrevista é con dona MARÍA ALBARIÑO, mestra-profesora no CPI de Navia de Suarna, que nos fala da publicación dun libro que recolle máis de 200 palabras que non estaban rexistradas e que pertencen ao "falar" e expresividade da zona dos Ancares, e máis concretamente de Navia de Suarna. Felicitámola e comprometémonos voltar a comunicarnos con ela.


A semana que ven máis, e agardamos ser máis puntuais na posta en marcha do noso blog.

lunes, 13 de junio de 2016

Xoves 2 do mes de SAN XOAN do 2016

Colgamos aquí o programa atrasado do 1º xoves de mes, que non o puidemos facer antes, por mor de certas circunstancias persoais que non veñen ao caso. Pedímosvos Disculpas por non telo feito antes pero agora comezamos a poñernos ao día neste asunto.
A primeira comunicación é con Galicia, para falarmos con dona Assumpta, con que xa temos falado nalgunhas ocasións, dona da CASA ASSUMPTA - Turismo Rural, en Arzúa. Unha conversa moi agradable coa Sña.Assumta, catalana de nacemento (concretamente de San Vicens dels Horts), que se estableceu en Galicia para ofrecer os seus servizos nesa Casa Rural tan feiticeira e na que se poden degustar os pratos galegos e típicos cataláns. Agradecémoslle a súa amable atención.


A segunda conversa-entrevista é con don BIEITO ROMERO, Fundador do Grupo LUAR NA LUBRE, que nos informa das moitas actuacións que veñen facendo ao longo desta tempada e das que xa teñen contratadas para as vindeiras datas. Tamén comentamos as súas creacións así como o éxito que están acadando co seu ultimo CD EXTRAMUNDI. Coméntanos a incorporación dunha nova violinista, Antía Ameixeiras, para sustituír a Eduardo Coma. Falamos do que xa están a traballar nun novo disco, adaptando músicas tradicionais galegas e composicións propias. Foi un pracer falar con BIEITO.


Na segunda hora, como xa é habitual cada Xoves, conectamos con noso correspondente na Ribeira Sacra, Xosé Manuel F.Montes, encargado da sección  QUEN CHE PREGUNTOU?  para recibir as súas escollidas novidades e noticias interesantes así como a súa retranquiera intervención relacionada coas "nosas cousas galegas" e apuntes do refraneiro popular. Tamén nos envía a viñeta alusiva ao programa de hoxe.


A ultima conversa-entrevista é con ROSMAR, da Pastelería Panadería do mesmo nome, con sede e A Coruña, que nos fala das súas múltiples visitas á comunidade catalana para ofrecer os seus produtos galegos de alta calidade. Ven de estar na Festa de Can Mercader a semana pasada, convidada pola Asociación C.G.Rosalía de Castro, e na que di que tivo moito éxito. Desexámoslle moitos éxitos e que siga mantendo esa enerxía e grande profesionalidade.


A vindeira semana máis.