jueves, 30 de marzo de 2017

XOVES 30 de MARZO do 2017

Comezamos outro programa máis dándolles a benvida e ofrecéndolles escoitar un bocadiño de música para saudar a conversa con IVAN PATIÑO, da Productora AMANITA FILMS, en Monforte de Lemos, que nos fala da traxectoria da ultima película "Os días Afogados" e dos proxectos que van camiño da realización dunha longametraxe moi adiantados e desexamos que sigan acadando tantos éxitos como veñen recibindo ultimamente.


A segunda entrevista.conversa é coa Concelleira de Cultura de Vilalba, dona Consuelo Grandío, que nos fala da celebración da "XXIII Festa-Feira do Queixo de San Simón da Costa", que se realizará nos días 1 e 2 de Abril próximo, e adiántanos o programa tan interesante que teñen previsto.


Como cada semana a sección QUEN CHE PREGUNTOU?, a cargo do noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, que sempre ten preparadas unha escolla de novidades e interesantes intervencións persoais que sempre son moi ben recibidas pola nosa audiencia e seguidores. Tamén recollemos a súa aportación creativa relacionada co programa de hoxe.


Para finalizar conectamos novamente con Galicia, para falar con XABIER Vizcaíno con quen mantemos unha agradable conversa e infórmanos da presentación, en Sárria, do seu próximo traballo discográfico "Diáspora", que seguro lle dará moitas satisfacción e éxitos.


A vindeira semana voltaremos. Non deixedes de sintonizarnos.

jueves, 23 de marzo de 2017

XOVES 23 de Marzo do 2017

Comezamos o programa dándolle a ben-vida a ANTONIO Díaz, que nos visita nos estudos para comentar con nosoutros a emisión de hoxe. A primeira comunicación-entrevista é con DANI da Empresa familia "CAURELOR", que nos fala dos máis de 20 productos que ofrecen aos seus clientes e facilítanos a súa páxina de contacto. Agradecémoslle a súa participación.

A segunda Entrevista é con NATALIA LEMA, de Vimianzo, que ven de recibir un Premio pola súa composición poética. Agradecémoslle a súa participación e animámola a que siga nesa teima e nese traballo tan engaiolante que está a realizar. Que teña moitos éxitos.

Despois conectamos coa Ribeira Sacra, para que o noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? nos amenice coa súa aportación semanal e recollemos a viñeta que nos agasalla cada semana. Moitas grazas, compañeiro.


Finalizamos o progama voltando novamente a Galicia, para falar con IÁN Fernández, do Bar "O ATALLO" que se especializou na confeccción de pizzas e que está a ter moitos éxitos, na localidade de A Fonsagrada, posto que é o primeiro en ofrecer este producto con un mínimo de 12 variedade de pizza, aínda que a máis solicitada é a especialidade da casa "O Atallo". Terminamos comentando que o vindeiro venres ás 20 horas farase a presentación do libro: "Poemas de Amor en Outono" do profesor Toño Núñez, na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà.
A semana que ven voltaremos con máis noticias e máis música.

lunes, 20 de marzo de 2017

XOVES 16 de MARZO do 2017

Este xoves comezamos o programa coa presenza nos estudos de ALVARO PRIETO e DANIEL GONZÁLEZ, da A.C.G.AGARIMOS de Badalona, que veñen a participar na emisión de hoxe e adiantarlle aos nosos oíntes e seguidores o que están preparando para celebrar ese "20 ANIVERSARIOS DE AGARIMOS", para o vindeiro mes de MAIO. E conectamos con Galicia, concretamente con TEO, perto de Santiago de Compostela para falar co Sr.Miguel, cociñeiro e responsable do Restaurante San Martiño. Fainos un pequeno percorrido da súa traxectoria profesional e tamén nos informa das diferentes ofertas que se poden atopar no seu Restaurante.

A segunda inervención é a de JORGE, un cantautor galego que ven de presentar o seu ultimo traballo discográfico, do que nos fala moi amplamente e tamén aproveita para adiantarnos os seus próximos proxectos.

Na segunda hora voltamos a conectar con Galicia pero achegámonos agora á localidade de Pontevedra A CAÑIZA, para falar co seu Alcalde Sr. MIGUEL DOMÍNGUEZ, que nos informa da "IX Edición das Xornadas Gastronómicas do LACÓN CON PETELO". Agradecémoslle a súa participación e desexámoslles que teñan moitos éxitos.

A seguinte chamada-conversa é con don ALEXANDRE BREA RODRÍGUEZ, un poeta nobel que acaba de obter un Premio moi importante e grazas a eso ven de publicar un seu libro de poemas que se titula: O LIBRO BRANCO. Desexámoslle que siga colleitando premios.

Lémbrense de que este noso programiña volve a reemitirse o domingo. A vindeira semana máis.


jueves, 9 de marzo de 2017

XOVES, 09 de MARZO do 2017

Comezamos o programa conectando con Galicia para falar con don FRANCISCO Xabier Almuíña Chorén, da "Casa do Romualdo", que moi amablemente nos atende e infórmanos do que se pode atopar na súa Vivenda Rural da Ribeira Sacra, chea de engado e de moita historia.


A segunda entrevista é con don MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, que acaban de celebrar a "IIª Feira do Lacón" nesa localidade. Aproveita para informarnos das diferentes actividades que veñen realizando na Entiade e das próximas en vindeiras datas.


Continuamos na segunda hora coa habitual conexión na capital da Ribeira Sacra, para que o noso correspondente Xosé Manuel F. Montes, da sección Quen che preguntou?. Ponnos ao corrente das súas escollas informativas e recibimos a consabida "viñeta" alusiva á emisión de hoxe.



Seguimos a emisión conectando co Bierzo, concretamente coa localidade de Cacabelos, para falarmos co Sr.José, responsable na PANADERÍA PABLO, que estivo representada no "XIV Festival do Botillo en Catalunya". Agradecémoslle a súa atención.


Tamén falamos con RICARD ROS, que moi amablemente nos informa do "Rubrifolkum 2017" en Cal Ninyo, de Sant Boi de Llobregar, e que comeza hoe mesmo cun acto na Masía de Sant Boi. Convídanos a todos a participar e disfrutar deste evento.


A semana que ven máis, Non deixedes de sintonizarnos.

jueves, 2 de marzo de 2017

02 de MARZO do 2017

Unha nova emisión de dúas horiñas de radio en galego, compartindo música, novidades e entrevistas de certo interese. Precisamente comezamos entrevistando a HUGO López Arias, Presidente do Coro Galego: "Cántigas da Terra", que están a celebrar os 10 anos de existencia.


Falamos despois, con OSCAR Sotelo, que nos fala dos Entroidos na Galiza, así como tamén aprendimos a valorar o esforzo e traballo que están a realizar en Galicia, relacionado coa Festa do Entroido, e as Máscaras que se están actualizando e recuperando moitos dos personaxes e máscaras tradicionais moi interesantes.

A terceira intervención-conversa é con CARLOS JAVIER GONZÁLEZ, do Restaurante-Vinoteca "O MERENZAO", na Ribeira Sacra, en Sober concretamente. foi seleccionado para participar no "Forum Gastronómico" de A Coruña, e que estará moi ben representado polos cociñeiros galegos.

Conectamos novamente con Galicia para falar con CLAUDIO Otero Eiriz, escritor, historiador e investigador que nos fala do seu libro: " Entruidos e Máscaras na Galiza". Hai moita documentación e elementos a tratar. Nos felicitámolo e desexámoslle que acade moitos éxitos.

A vindeira semana voltaremos.

XOVES 23 de febreiro do 2017

Comeza o programa conectando con Liñares de Queizán, para falar con Paloma Ramos, unha artesana de "butelos", que está preparada para a "XX Feira do Butelo de A Fonsagrada", que se celebrará estes días.

Despois, falamos co Sr.Alcalde de A Fonsagrada, don ARGELIO Fernández Crespo, que nos comenta, moi amablemente, os actos a celebrar nesa grande Feira do Butelo, que xa levan celebrando nada menos que 20 anos consecutivos.

A seguir conectamos con Monforte de Lemos, para que o noso correspondente Xosé Manuel F.Montes, realice a súa aportación semanal da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, no que sempre ten preparadas unha serie de informacións e novas moi interesantes, e envíanos a súa creación en forma de debuxo, relacionada co programa de hoxe.

A conversa con MELISSA Macía, Tenente Alcalde de Vilariño de Conso, que celebran a XXVIII Festa do Cabrito, que se realiza dende o 16 de febreiro ate o 1 de marzo. Fálanos da Festa do Cabrito e do Folión e Entroido 2017 tan característico e interesante na zona. Agradecémoslle a súa atención.

A vindeira semana voltaremos.