jueves, 17 de diciembre de 2015

XOVES 17 de decembro do 2015

Neste ultimo programa do ano 2015 contamos coa presencia e visita, nos estudos, de don ANTONIO DÍAZ, grande colaborador noso e Director da Revista Lua Nova, así como correspondente do xornal Galicia en el Mundo. Agradecémoslle a súa aportación.
Conectamos con JUAN PEDRO, Presidente de ASOBECAT, (Bercianos en Cataluña), que nos pon ao corrente da próxima presentación á Prensa da XII Fiesta del BOTILLO en Cataluña, que se realizará no Hotel Front Air de Sant Boi de Llobregat o vindeiro día 9 de xaneiro, que pretenden celebrar o día 6 de febreiro nese mesmo Hotel. Augurámoslle moitos éxitos e agradecémoslle a súa desinteresada colaboración e información. 

Aproveitamos a ocasión para comentar con Antonio Díaz, os "XXIX Premios de Poesía da A.C.G.Rosalía de Castro" que se entregaron o sábado pasado. 

Aínda nos da tempo para conectar con Galicia, concretamente con A Fonsagrada, para falarmos con VICTOR Lombardía, pintor e encargado de Protección Civil naquela localidade.


Na segunda hora, como cada semana, a nosa comunicación-conexión con XOSE MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que sempre nos aporta a súa visión especial das noticias que poden ser interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores. Aquí deixamos constancia da súa creatividade artísitca, coa que nos agasalla sempre.


Para finalizar chamamos novamente a Galicia para falar con JORGE CASAL, compositor e músico galego partícipe na "GALA-XANTAR de GALICIAME", do pasado día 5 de decembro, en Cambados, con Merchi Alvarez. Falamos do seu disco "PULSO FUERTE" e doutras cousas.


¡Desexámoslles unhas FELICES FESTAS!!!
Reanudaremos a nosa emisión o vindeiro mes de XANEIRO 2016.

jueves, 10 de diciembre de 2015

Xoves 10 de decembro do 2015

Unha nova emisión de radio en galego, para tódolos nosos oíntes e seguidores. E comezamos escoitando unha peza de música interpretada por CARMEN PENIN, de "2 Na Fronteira" para darlle a ben-vinda a MERCHI ALVAREZ  (Presidenta de GALICIAME) a quen felicitamos polo éxito acadado na "1ª GALA-XANTAR de Galiciame" celebrada o pasado sábado 5 de decembro en Cambados. Mantemos con ela unha conversa moi agradable e aproveitamos para conectar, tamén con BELEN XESTAL (da Radio Galega), que foi a conductora desta Gran Gala, xunto co noso compañeiro ARMANDO FERNANDEZ, como representante do noso humilde programa e da nosa RADIO SANT BOI. Agradecémoslle a súa amable participación e comprometémonos para axudar a realizar outros Actos para recadar e conseguir máis aportacións para a Investigación do Dr.Nascimento. Aínda poden facer aportacións nesta Conta: La Caixa Iban ES65 2100 5036 4601 0043 0383.


Despois falamos con dona MARIA VICTORIA, do Hotel CRUCEIRO, de Cambados, concretamente no bairro de Castrelo, que tamén participou moi desinteresadamente na realización dese grande evento, e que aproveita para combidar a tódolos nosos oíntes e seguidores para que se acheguen a esa zona tan fermosa de Galicia, para disfrutar dos seus encantos, que ademais terán un prezo moi especial, nese Hotel Familiar, como ela mesmo nos informou.

Na segunda hora, como cada semana, a sección QUEN CHE PREGUNTOU? a cargo do noso correspondente XOSE MANUEL F. MONTES, que sempre ten preparadas e escollidas algunhas noticias de certo interese para tod@s nós. Fai unha proposta para que os nosos oíntes e seguidores opinen sobre as diferentes porpostas de comunicación que el nos ofrece e combídaos a participar para acertar cal é a información que non é real, entre as que no deu a coñecer. E remata, coma sempre, coa súa aportación pictográfica (relacionada coa súa proposta, claro).


E para finalizar a emisión de hoxe voltamos a conectar con Galicia para falarmos con ALFREDO, compoñente do Grupo "A RODA", que foi o encargado e encetar a Gran Gala da que lle vimos informando dende o comezo. Agradecémoslle a súa colaboración desinteresada.

Agardamos que volvan a sintonizarnos a vindeira seman, na que aproveitaremos para facer un programiña cheo de felicitacións e agasallos para estas Festas tan entrañables.

jueves, 3 de diciembre de 2015

XOVES 3 de DECEMBRO do 2015

Comezamos hoxe o programa dándolle a benvida ao noso amigo e colaborador na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA. Despois de escoitar unha peza de música de LUAR na LUBREque veñen de publicar o seu ultimo traballo titulado EXTRA MUNDI, o noso contertulio fainos a presentación de don FRANCISCO VELOSO, responsable político do Concello de LOBIOS, con quen mantemos unha conversa moi interesante sobre a noticia que acaba de saír nos medios, relacionada co aproveitamento das Augas Termais de Riocaldo. Unha boa nova para todos.

Despois falamos con IVAN, da banda de SES, que nos recibe moi amablemente e conversamos con el sobre a xira e Concertos que remataron o sábado pasado en Ferrol, con grande éxito, e adiántanos, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores que posiblemente no primeiro trimestre do vindeiro ano 2016, seguramente poderemos asistir a algunhas actuacións deles en Cataluña. 

Na segunda hora, coma sempre, conectamos con monforte de Lemos, para falarmos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F.MONTES, que sempre nos ten preparadas unha morea de noticias escollidas para a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre finaliza coa publicación dunha ilustración relacionada con algún tema, e que nós aprovietamos para incluir neste humilde blog, para todos vosoutros.

A ultima conversa-entrevista é con don OSCAR RODRIGUEZ, xoieiro e Presidente do COXGA, que nos informa da recente celebración da GALA que realizaron en Baiona, para homenaxear a unha serie de profesionais do seu ramo e outras personalidades importantes, así como tamén do fallo do IV Concurso de Deseño San Eloi (Patrón dos Xoieiros). 

A vindeira semana voltaremos. 
¡Que teñan unha BOA FESTA DA PURÍSIMA!!!!!