Comezamos hoxe o programa dándolle a benvida ao noso amigo e colaborador na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA. Despois de escoitar unha peza de música de LUAR na LUBRE, que veñen de publicar o seu ultimo traballo titulado EXTRA MUNDI, o noso contertulio fainos a presentación de don FRANCISCO VELOSO, responsable político do Concello de LOBIOS, con quen mantemos unha conversa moi interesante sobre a noticia que acaba de saír nos medios, relacionada co aproveitamento das Augas Termais de Riocaldo. Unha boa nova para todos.
Despois falamos con IVAN, da banda de SES, que nos recibe moi amablemente e conversamos con el sobre a xira e Concertos que remataron o sábado pasado en Ferrol, con grande éxito, e adiántanos, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores que posiblemente no primeiro trimestre do vindeiro ano 2016, seguramente poderemos asistir a algunhas actuacións deles en Cataluña.
Na segunda hora, coma sempre, conectamos con monforte de Lemos, para falarmos co noso correspondente XOSÉ MANUEL F.MONTES, que sempre nos ten preparadas unha morea de noticias escollidas para a súa sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre finaliza coa publicación dunha ilustración relacionada con algún tema, e que nós aprovietamos para incluir neste humilde blog, para todos vosoutros.
A ultima conversa-entrevista é con don OSCAR RODRIGUEZ, xoieiro e Presidente do COXGA, que nos informa da recente celebración da GALA que realizaron en Baiona, para homenaxear a unha serie de profesionais do seu ramo e outras personalidades importantes, así como tamén do fallo do IV Concurso de Deseño San Eloi (Patrón dos Xoieiros).
A vindeira semana voltaremos.
¡Que teñan unha BOA FESTA DA PURÍSIMA!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario