jueves, 12 de marzo de 2020

XOVES 12 de MARZO do 2020

Comezamos outra emisión máis deste programiña "Galegos no BAIX", dándolles a ben-vida e despois de ofrecerlles un bocadiño de música para conectarmos con UBALDO PÉREZ, do Restaurante Los Ancares, na rúa Robrenyo de Barcelona. Fálanos de que se cancela a celebración da "Calçotada" prevista para a vindeira a fin de semana do 12 de marzo, por mor do posible contaxio que pode producirse dese virus tan maléfico. Agradecémoslle a súa amable atención e colaboración co noso programa.


Saudamos a Max Pàrraga Díaz, un Filólogo Catalán, Professor de Llengua i Literatura a l'ESO i al Batxillerat, que pertence ao "Grupo GALAUDA", e que imparte clases de galego no Instituto para rapaces que teñen como optativa esa asignatura. Fálanos da súa experiencia e do éxito que ten acadado en anteriores edicións. Agradecémoslle a súa visita e concertamos que en vindeiras datas voltará a acompañarnos para compartir esta experiencia da radio.


Conectamos agora con Galicia para falar con dona BENEDICTA SÁNCHEZ, esa artista revelación que acadou un Premio Goya pola súa interpretación maxistral na película de Oliver Laxe: "O que arde". Felicitámola e falamos con ela da súa traxectoria, das súas impresións e outras cousas. Comprometémonos a voltar a "abordala" para seguir comentando cousas da súa traxectoria e agradecémoslle a súa implicación, como galega de raíz, e do honrados que nos sentimos dela.


Seguimos, na segunda hora, coa conexión con Xosé Manuel F. Montes, o noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos. Encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? A súa crónica comeza coa escolla dos seus TOPs relacionados coas escollas noticiadas e continúa coas ofertas Festeiras en Galicia, para finalizar cos apuntes de fraseoloxía galega. Tamén nos envía a súa aportación creativa en forma de viñeta, alusiva a algún momento do programa de hoxe. ¡Grazas!


E finalizamos as intervencións de hoxe coa crónica da nosa correspondente na "Porta dos Ancares": Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten algunhas notas informativas interesantes que comunicarnos.


A vindeira semana voltaremos, á mesma hora e con máis entrevistas, noticias e música. 
¡Sexan Felices!

jueves, 5 de marzo de 2020

XOVES 05 de MARZO do 2020

Comezamos outro progama máis con ganas de pasar dúas horiñas de radio en galego, con entrevistas, música galega e novidades interesantes. Despois das salutacións iniciais poñémonos en contacto con MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GaliciAME, que nos pon ao corrente de varias novidades e informacións relacionadas con esa Asociación e as súas actividades. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos voltar a conectar con ela para que nos siga informando.


Escoitamos unha peza musical do ultimo disco de PAULIÑA: "Malfalada", unha roqueira de Cambados. Conectamos con ela e falamos da súa traxectoria, do seu CD e dos Concertos que ten previsto realizar. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.


Continuamos na segunda hora conectando co noso correspondente XOSÉ MANUEL F.MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU? que ten preparada a súa sección cos apartados TOP das novidades, as recomendacións Festeiras, as recolleitas de frases populares e o seu envío da "viñeta" alusiva a algún momento da emisión de hoxe. ¡Moitas grazas Xosé Manuel!


Despois falamos con FERNANDA FOLLANA NEIRA, a quen parabenizamos polo éxito acadado na celebración dese evento deportivo no que ela mesma formou parte da súa elaboración e coordinación. Tamén nos comenta a realización de actos preparados pola Asociación "Teitos de Piornedo". Agrdecémoslle a súa participacións semanal, que tanto apreciamos.


A vindeira semana máis. ¡Agardámosvos!