jueves, 26 de febrero de 2015

XOVES 26 de FEBREIRO do 2015

Unha semaniña máis tentando levar adiante este programiña en lingua galega. Comezamos coa chamada a Galicia para falarmos con MARTA DACOSTA ALONSO, profesora e poeta, coa que mantemos unha conversa moi agradable e agasállanos coa declamación dunha das súas composición poéticas: MALPOCADA. Agradecémosllelo e prometémonos volver a conectar con ela.


Escoitamos outra peza musical de "Os Minhotos", que nos acaban de enviar o seu CD. A seguinte conversa é con XOAN L. FUERTES SAAVEDRA, un dos compoñentes de FUXAN OS VENTOS. Mentres escoitamos unha peza musicada por eles, imos falando da nova "reentré" deste Grupo de música tradicional galega que volven polos seus fueros e seguro que nos teñen prepradas moitas e agradables sorpresas...


Na segunda hora conectamos coa capital da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, para falarmos con noso correspondente XOSÉ M.F.MONTES, encargado da sección QUE CHE PREGUNTOU? e que nos informa das noticias galegas escollidas por el.


No final desta emsión escoitamos varias pezas musicais e aportamos o noso "grauciño" ao día de Rosalía, coa lectura dun poema desta nosa autora galega, tan apreciada. Tamén lle dedicamos algunha peza musical aos nosos oíntes e seguidores.


A vindeira semana prometemos volver, con máis cousas galegas. Non diexen de sintonizarnos.

jueves, 19 de febrero de 2015

19 de FEBREIRO do 2015

Un xoves máis, tentando levar adiante estas dúas horiñas de radio en galego, para compracer a tódolos nosos oíntes e seguidores, con música, entrevistas e noticias chegadas á nosa Redacción.
Comezamos hoxe coa entrevista-conversa con MANU O Hedras, un Gaiterio que se define como percusionista e intérprete de varios instrumentos curiosos: Unha folla de hedra, a Trompa tamén chamada Birimbao, e como non o pandeiro tradicional galego. Moi interesante toda a conversa.


Na segunda hora comezamos coa dedicación duha peza musical á unha das nosas oíntes e despois conectamos coa capital da Ribeira Sacra, Monforte, para falarmos co noso correspondente XOSÉ M.F.MONTES, que se encarga da sección QUEN CHE PREGUNTOU? e que sempre ten preparadas varias informacións da Nosa Terra, rematando coas súas sentencias retranqueiras.


Na terceira parte do programa falamos con don ERNESTO LAGARÓN, Presidente da A.C.G SAUDADE, que nos informa da celebración da "22 Cea do ENTROIDO" no Hotel Hesperia de Hospitalet, e aproveitamos para conectar tamén co Sr.Alcalde de Navia de Suarna, don José Fernández Fernández, cos que mantemos unha conversa interesante. Felicitámolos por esta celebración e desexámoslles moitos éxitos nos seus proxectos.


A vindeira semana voltaremos. Non deixen de sintonizarnos.

jueves, 12 de febrero de 2015

XOVES de COMADRES: 12 de febreiro do 2015

Comezamos o programa de hoxe coa entrevista a don XOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Alcalde do Excmo.Concello de Navia de Suarna, que nos da cumplida información da "25 Feira-Festa da Androlla" que se celebrará a vindeira fin de semana. Tamén tivemos ocasión para preguntarlle cousas relacionadas co Concello e aproveitou para darnos una noticia, en exclusiva para os osos oíntes: Xa están moi adiantadas tódalas xestións para que se realice axiña a construcción da Residencia de Maiores na Proba de Navia de Sauarna.


A segunda entrevista é con don ANDRÉS MONTESINOS, Alcalde do Concello de VIANA DO BOLO. O vindiero domingo 15 de febreiro celebrará a "XLV FESTA DA ANDROLLA". A cantidade de persoas que teñen previsto asistir a este evento calcúlase que chegará a 3000, ou máis se contamos os que elixirán os restaurantes da vila para celebrarlo. O aforo do Pavillón Deportivo da localidade estará abarrotado e colocaranse unhas carpas, no exterior, para atender aos compoñentes dos folións e comparsas que desfilarán no pasarúas desa mañá domingueira  Desexámoslle moitos éxitos e agradecémoslle a súa amable atención e información, que sempre nos dispensa.


Tamén falamos co noso correspondente na capital da Ribeira Sacra, Xosé M.F.Montes, encargado da sección Quen che pregunto? que como cada semana ten preparadas as súas noticias de interese para todos nos, xunto con algunha anécdota humorística.


A ultima intervención-entrevista é con PALOMA RAMOS, de LIÑARES, elaboradora de andollas caseiras e artesanas, que ademais de darnos as receitas personais e antergas da súa familia, convídanos a participar na Feira deste producto en Navia.


Desexamos que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.

jueves, 5 de febrero de 2015

XOVES. 5 de FEBREIRO do 2015

Un programa máis, en galego. Como cada xoves dúas horiñas de radio con música galega, informacións diversas, conversas e entrevistas que desexamos sexan do voso interese. Hoxe comezamos chamando a RUBÉN, da "CASA CASTELAO", en "A Fonsagrada", por mor da celebración da "XVIII FEIRA do BUTELO de A FONSAGRADA", prevista para os día 7 e 8 deste mesmo mes. Agradecémoslle moi encarecidamente a súa amable atención, xa que a pesares do constipado que lle incomodaba, aínda tivo a pacencia suficiente como para comentar con nosoutros aspectos moi interesantes da Feira e dos productos que elaboran na súa CASA.


Uns minutiños de música galega para "adubiar" un chisco as nosas conversas.

Na segunda hora, conectamos con XOSÉ M.F.MONTES, o noso correspondente en Monforte de Lemos, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, e que cada semana ten preparadas unha serie de informacións e noticias de certo interese para tódolos nosos oíntes e seguidores, acabando coas súas sentencias-refráns retranqueiros que provocan algún que outro sorriso.
A ultima entrevista é con CARMEN, de Xanela da Lúa, a Vivenda Rural de LIRA, que ten unha oferta especial para os Namorados, concretamente a fin de semana do 14 deste mes (San Valentín), pero que tamén poden aproveitar outras suxerencias e ofertas de Entroido e Semana Santa, moi apetitosas e económicas para poder disfrutar dunha estancia feiticeira. Desexámolle moitos éxitos e agradecémoslle a súa amable participación no noso programa.


A videira semana mais. Agadamos que volvam a sintonizarnos.