jueves, 14 de enero de 2016

Primeiro porgrama do 2016

14 de XANEIRO do 2016

Esta primeira emisión do 2016 comezamos dándolles a ben vida e desexando un ventureiro ano a tódolos nosos oíntes e seguidores. ¡Graciñas por estardes ahí!
Despois de escoitar unha peza do CD de "2 Na Fronteira", mantemos a primeira comunicación con don ANTONIO DÍAZ, Director da revista LUA NOVA e corresponsal do Xornal de Comunicación "GALICIA en el MUNDO", que nos informa das ultimas noticias relacionadas coas nosas Entidades en Cataluña, e moi concretamente de ASOBECAT, que veñen de presentar o XII Festival do Botillo en Cataluña, para o vindeiro día 6 de febreiro, no Hotel Front Air Congress, de Sant Boi.

A segunda comunicación-conversa é con don ASER ALVAREZ GONZÁLEZ, Director da Productora Arraianos, que nos fala das súas creacións documentais, destacando o apartado realcionado coa emisión en RTVG ANACOS DE VIDA, que está colgado na web da propia Radio TVGalega. Tamén nos fala de "Cesteando", "Bill Viola" e "Aquela Celanova"... Magoa non podeer continuar esta conversa cun pouco máis de vagar, pero farémolo en vindeiras datas.



A conexión co noso correspondente en Monforte de Lemos, XOSÉ MANUEL F. MONTES, encargado da sección QUEN CHE PREGUNTOU?, sempre é moi interesante e chea de novidades, rematando coa súa aportación ilustrativa, que nós tamén colgamos aquí, relacionada con algunha das comunicacións que el mesmo nos refire. Seguro que será do voso interese.



O final da nosa emisión de hoxe reservámolo para falarmos con ANDRÉ GÓMEZ LÓPEZ, Artista e Escultor de Navia de Suarna, con quen mantemos unha moi agradable conversa sobre as súas creacións e proxectos tan interesantes. Seguiremos a súa traxectoria.

A vindeira semana prometémosvos realizar outro programa que sexa do voso interese, con entrevistas, música e coas noticias que iremos debullando para todos vosoutros.