Comezamos outra emisión do noso "Galegos no BAIX" de cada xoves, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para poñernos en contacto co primeiro convidado:
PABLO GARCÍA VIVANCO, Farmacéutico, Nutricionista e especialista en Lonxevidade. Felicitámolo polo traballo de acompañamento e colaboración coas persoas do rural, que tanto lle-lo agradecen e tamén porque será un dos ponentes na
"Iª Xornada Internacional de Lonxevidade" que se celebrará o vindeiro sábado día 7 en Ourense. Coméntanos algunhas cousas relacionadas con esa celebración e infórmanos moi detalladamente dese evento no que participarán grandes persoeiros cientificos e investigadores. Desexámoslle moito éxito.
Escoitamos o comezo doutra peciña musical e recibimos a Sara e Clara, do proxecto "De avoas a netas". Felicitámolas polo excelente traballo que realizaron. Conversamos con elas recibindo información detallada dese traballo interxeneracional tan interesante, que se pode ampliar na súa páxina: deavoasanetas.gal, e no que se pode contemplar dun documental que realizaron e que recolle entrevistas e documentación recollida. Agradecémoslle a súa participación e prometémonos voltar a conectar con elas para que nos sigan dando noticias porque teñen previsto ampliar ese proxecto.

Conversamos con
ALFONSO MIGUEL MARTIN, Presidente de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña), que nos informa da celebración do "Magosto Berciano-2026", previsto para o vindeiro sábado día 7 no "Asador del Bierzo", con produtos bercianos de primeira calidade, e viño Mencía e Godelllo. Tamén no da a coñecer a composición da nova Xunta Directiva da Asociación e adiántanos que estan preparando a celebración do Botillo, en honor a Juan Pedro anterior Presidente, prevista para a primeira ou segunda semana de febreiro do vindeiro ano 2027. Desexamos que teñan moito éxito e continuaremos en contacto.
Entrevistamos á periodista
LAURA MOURE MIGUÉLEZ, responsable do medio de comunicación galego
"Ecos da Comarca", que levan traballando dende a época do coronavirus, e que está aumentando a súa difusión e que xa está consolidada como un medio comunicativo de proximidade. Mantemos unha pequena conversa, pero xa nos da a coñecer cómo e dónde están ubicados e cómo distribúen o seu traballo para poder abarcar nada menos que catro comarcas do interior de Galicia. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.
Conversamos con
ELIGIO SUEVOS, Presidente do
Centro Galego de Lleida que teñen previsto celebrar o Magosto-2026 este próximo sábado día 7 de novembro. Estará precedido dunha Misa en honor dos familiares e socios falecidos, que contará coa intervención do Coral CENGALLEI, do propio Centro Galego. Despois achegaranse á Sé da Entidade para degustar as castañas (galegas por suposto), panellets e queixo galego, acompañado de viño doce e galego con Denominación de Orixe. Tamén nos informa da celebración das Xornadas Culturais da
Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, onde o Centro Galego ten previsto realizar unha Conferencia co título "Gastronomía e Turismo en Galicia", que impartirei eu mesmo o mércores día 18 próximo. Desexamos que sexa do agrado de todos e disfruten.
Falamos con LUIS VELOSO, responsable da Casa Rural "A Rousía", en Baltar (Ourense). Participan no "20º Outono Gastronómico de Turismo Rural 2026". Unha oferta de aloxamento e disfrute de dous menús de excelencia que ofrecen no seu Restaurante. Coméntanos parte deses menús con produtos de primeira calidade e de proximidade, más perto ca de quilómetro cero. A Casa Rural é unha recuperación-restauración que data do ano 1830. Está construída en pedra de cantería, do país, e madeira noble. Un lugar de lecer e cheo de engado. Agradecémoslle a súa atención tan amable e desexámoslle que teña moito éxito. Prometémonos voltar a falar con Luís en vindeiras datas, posiblemente en xaneiro do 2027, aproveitando que celebran as xornadas gastronómicas do cocido.
Damos cumprida información da celebración do Magosto-2026, na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, que terá lugar este próximo sábado día 7 a partir das 19 horas, na rúa Federico Soler, 71. Aproveitamos a música para despedirnos ata o vindeiro xoves á mesma hora.
Deixamos aquí o Programa Completo - Enteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario